24 Feb 2022

WEBINAR “GASTRONOMÍA NO CAMIÑO: A XESTIÓN DA SEGURIDADE ALIMENTARIA NA HOSTELERÍA"

Pechado

 WEBINAR “GASTRONOMÍA NO CAMIÑO: A XESTIÓN DA SEGURIDADE ALIMENTARIA NA HOSTELERÍA- O SISTEMA DE AUTOCONTROL"

Para facer a Inscrición: PIQUE AQUÍ

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación para a campaña Gastronomía no Camiño, está o facilitarlle ás empresas de restauración ferramentas que lles permitan mellorar a súas praxes cara unha transformación sostible dos seus establecementos. A idea é facilitar os contidos teóricos para mellorar aspectos ambientais e patrimoniais, ou no caso de cumprir previamente con esas premisas, saber poñer en valor estas cualidades.

Cara a obtención  dun mellor abastecemento do canal horeca é importante saber discernir cales son os criterios cos que poder escoller os provedores que nos faciliten os produtos que máis se adecúen as nosas necesidades e filosofía empresarial. Esta formación está pensada para dotar de ferramentas cara unha mellor xestión de compra da materia prima.

OBXECTIVOS:

  •  
  • Coñecer que é un sistema de autocontrol da seguridade alimentaria e por que é obrigatoria a súa implantación nun establecemento de hostelería.
  • Coñecer cales son os puntos máis importantes dentro dun sistema de autocontrol e como adaptalo aos establecementos de hostelería.

DATA: Xoves,  24 de Febreiro  ás 11:00 h


Nº PRAZAS: 100

RELATORA: ELENA GONZÁLEZ
Licenciada en Bioloxía pola Universidade de Oviedo e especializada en seguridade alimentaria, desenvolveu gran parte da súa traxectoria profesional na industria da alimentación. Actualmente, traballa como consultora de seguridade alimentaria para pequenas empresas, axudándoas a producir, servir e vender alimentos seguros para os consumidores e facilitándolles a formación necesaria para iso.


DESTINATARIOS:

Xefes de equipo ou departamento de empresas de hostelería, restaurantes ou  propietarios e profesionais responsables da xestión de compras e da restauración.
 

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación.

INSCRICIÓN:

Para facer a Inscrición:  PIQUE AQUÍ

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal 

 

 

Arriba