07 mai 2019

Un total de 163 areais, portos, sendeiros e aulas-centros de natureza galegos lucirán o distintivo de bandeira azul este verán

A comunidade galega ocupa a primeira posición no número de recoñecementos para os sendeiros azuis cun total de 29, dos cales os sendeiros de Praia de Abrela- Punta Socastro (Fuciño do Porco) e a Ruta Montes e Praias en Marín o reciben por primeira vez

Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis con 107 bandeiras para os areais de 31 concellos, ás que se engaden os distintivos para os 12 portos deportivos e os 15 para os centros azuis
 
Os concellos que ostentan o maior número de bandeiras azuis para os seus areais son na provincia da Coruña: Boiro, Arteixo, Oleiros e A Coruña; na lucense, Foz; e na provincia de Pontevedra, Sanxenxo, que é o concello de España que acumula o maior número de distintivos para os seus areais, seguido de Vigo, Cangas, Marín e Baiona
 
Os areais de Abrela (O Vicedo), Samil (Vigo), Loira (Marín) e Panadeira (Sanxenxo) volven a obter este distintivo que non recibiran na pasada edición
 
O territorio galego acapara case un 20% das 566 bandeiras azuis outorgadas a praias españolas pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor
 
Galicia é un dos territorios con máis bandeiras azuis da Unión Europea.

A Xunta de Galicia recoñece o labor dos concellos galegos para manter a nosa Comunidade como a autonomía española nunha das primeiras posicións co maior número de bandeiras azuis en 2019. Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 107; que se eleva a 169 distincións para praias, portos deportivos, sendeiros e aulas e centros da natureza.

Galicia mantén a súa segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 135 distincións. Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 20% das 566 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ranking nacional pola Comunidade catalana (97 bandeiras),e pola andaluza (79).

Nesta nova edición, o Concello de Sanxenxo volve repetir posición como o concello galego -e do conxunto do Estado- con máis bandeiras azuis, con 14 praias distinguidas. Na provincia de Pontevedra, destacan tamén o Concello de Vigo, que suma 10 en 2019; Cangas do Morrazo (7), Marín e Baiona, con 5 cada concello.

Na provincia da Coruña, os municipios de Arteixo e Boiro son os que máis recoñecementos deste tipo obteñen este ano, con sete -ao igual que en 2018-; seguido de Oleiros e A Coruña, con cinco areais distinguidos.

Polo que respecta á provincia de Lugo, Foz é un ano máis o concello máis recoñecido, con cinco galardóns para as praias de Areoura, Peizás, Llás, As Polas e A Rapadoira; mentres que perde o distintivo para a praia da Pampillosa.

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente; a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas.

Cómpre destacar a primeira posición que ocupa Galicia en canto aos distintivos de sendeiros azuis, xa que suma 29 itinerarios que enlazan praias ou portos con bandeira azul e contribúen ao uso sostible do litoral. Por primeira vez, o sendeiro Praia de Abrela- Punta Socastro (Fuciño do Porco) e o tramo Ruta Monte e Praias da Rede de sendeiros azuis de Marín lucirán este distintivo.

Portos deportivos, centros e sendeiros azuis

En relación aos portos deportivos, en 2018 Galicia obtén 12 galardóns, sendo a provincia de Pontevedra a primeira en encabezar a lista con seis portos, seguida por A Coruña con cinco e un na provincia de Lugo.

É de destacar que Galicia tamén recibe a distinción para 15 centros azuis. O requisito para converterse en centro azul para un concello con bandeira azul ás súas praias ou portos, é a existencia dun centro de visitantes, aula do mar ou de natureza que ofreza educación ambiental sobre os ecosistemas litorais e o desenvolvemento sostible, así como información específica e/ou actividades relacionadas co programa Bandeira Azul.

O municipio que queira optar a esta distinción debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, a memoria anual da actividade, xunto coa súa candidatura, que xustifique o mantemento da súa condición como centro azul en anos sucesivos. Por estes motivos, a Xunta de Galicia felicita aos concellos de Bueu, Sanxenxo, Illa de Arousa, Redondela, Marín, Oleiros, Boiro, A Laracha, Camariñas, Burela e Cervo, por ser quen de manter estes recoñecementos.

PROVINCIA DA CORUÑA

Boiro

Barraña

Carragueiros

Mañons

Retorta

Barraña-Saltiño

Ladeira do Chazo

Piñeirón

 

Dumbría

Ézaro

 

Camariñas

Arou

 

Ponteceso

Valarés

Ermida

Osmo

 

Carballo

Razo

Saíñas

Pedra do Sal

 

A Laracha

Caión

 

Arteixo

O Reiro

Barrañán

Combouzas

Valcovo

Hucha

A Salsa (Repibelo)

Sabón

 

A Coruña

Riazor

Orzán- Matadero

San Amaro

As Lapas

Oza

 

Oleiros

Bastiagueiro

Mera

Espiñeiro

Santa Cristina

Naval

 

Miño

Perbes- Andahío

 

Ferrol

Doniños

San Xurxo

Esmelle

A Fragata- Pareixal

TOTAIS: 

38

 

PROVINCIA DE LUGO

 

O Vicedo

Xilloi

Abrela

 

Viveiro

Area

 

Xove

Esteiro

 

Cervo

O Torno

 

Burela

A Marosa

Ril

 

Foz

Areoura

Peizás

Llás

As Polas

A Rapadoira

 

Ribadeo

Os Castros- Illas

As Catedrais

 

TOTAL: 

14

 

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

 

A Guarda

O Muíño

Area Grande

 

Baiona

Os Frades

A Barbeira

A Concheira

A Ribeira

Santa Marta

 

Vigo

O Vao

Samil

Argazada

Rodas- Illas Cíes

Figueiras- Illas Cíes

A Punta

Tombo do Gato

Fortiñón

Canido

Fontaiña

 

Redondela

De Cesantes (dereita)

 

Moaña

Praia do Con

 

 

Cangas 

Areabrava

Nerga

Menduiña

Melide

Areamilla

Liméns

Rodeira

  

Bueu

Area de Bon

Portomaior

Lagos

Lapamán

 

Marín

Aguete

Mogor

Portocelo

Loira

O Santo- Coviña

 

Poio

Cabeceira

 

Sanxenxo

Areas

Caneliñas

A Lanzada- O Espiñeiro

Canelas

Montalvo

Silgar

Bascuas

Major

Foxos

Areas Gordas A Lapas

Pragueira

Baltar

Paxariñas

Panadeira

 

Vilagarcía de Arousa

Preguntoiro

Campanario

 

Illa de Arousa

Area de Secada

Bao (Camaxe)

Ponte Caldelas

Praia fluvial A Calzada

TOTAL: 55

 

Sendeiros azuis (novos en 2019)

 

Provincia da Coruña

 

Sendeiro Costa da Morte

Camariñas

Costa Libre

Oleiros

Sendeiro Litoral de Boiro

Boiro

Senda Azul Litoral de A Coruña

A Coruña

Sendeiro de Saldoiro

A Laracha

Senda do Mar Razo- Baldaio

Carballo

Senda Litoral de Arteixo

Arteixo

 

Provincia de Lugo

 

Sendeiro Praia de Abrela – Punta Socastro (Fuciño do Porco)

 

O VicedoSendeiro Azul Ruta del Litoral burelés

Burela

Sendeiro Azul O Torno

Cervo

Ruta do Faro de Illa Pancha a As Aceas

Ribadeo

 

Provincia de Pontevedra

 

Senda Perimetral Bao-Xastelas

A Illa de Arousa

Rede de Sendeiros Azules de Sanxenxo:

1. Tramo Sendeiro Máxico de A Lanzada

2. Tramo Major - Montalvo

3. Tramo Montalvo - Paxariñas

4. Tramo Canelas - Punta Cabicastro

5. Tramo Sanxenxo - Portonovo

6. Tramo Areas -Punta Festiñazo

Sanxenxo

Senda Entre Faros Illas Cíes

Senda Litoral do Monte da Guía

Senda de ribeira e litoral: Camiño á Beiramar

Vigo

Rede de Sendeiros Azules de Marín:

1. Tramo Ruta das Praias

2. Tramo Ruta de los Cinco Miradores

3. Tramo Ruta Montes e Praias

Marín

Senda Litoral de A Guarda

A Guarda

Sendeiro Litoral de Baiona

Baiona

Sendeiro de Cabo Udra

Bueu

Sendeiro Azul do Río Verdugo

Ponte Caldelas

Roteiro de Donón

Cangas

 

Centros Azuis 2019

 

Pontevedra

 

Bueu

Aula de Naturaleza Cabo Udra

Centro de Interpretación Agrelo

Sanxenxo

Centro de Interpretación As Telleiras

Illa de Arousa

Centro de Interpretación de la Conserva

Redondela

Museo Meirande

Marín

Centro de Interpretación de los petroglifos de Mogor

Ateneo Santa Cecilia

 

A Coruña

 

Oleiros

Centro de visitantes del Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

CEIDA Centro de Extensión Universitaria y Divulgación Ambiental de Galicia

Boiro

Centro Social de Boiro

A Laracha

Centro de Interpretación de los Molinos de Agua de la Costa da Morte Golmar

Camariñas

Museo Man de Camelle

Lugo

Burela

Centro de Educación Medioambiental Gaia

Barco Museo Reina del Carmen

Cervo

Carpintería de Ribeira Francisco Fra

 

 

Arriba