20 dec 2020

Iluminación artística de monumentos singulares do Camiño de Santiago

 #AcendeOXacobeo

#AcendeOXacobeo

Con motivo da apertura da Porta Santa, o próximo 31 de decembro, a Xunta de Galicia iluminará 44 monumentos representativos das diferentes rutas do Camiño de Santiago en Galicia, como antesala ao comezo do Xacobeo 2021. A iluminación dos monuentos representa unha conta atrás do inicio do Ano Santo. 

Cada día iluminaranse diferentes monumentos secuencialmente, seguindo as diferentes rutas, achegándose en varias etapas a Santiago de Compostela, onde, os días previos ao 31 de decembro, iluminaranse varios monumentos e a Catedral de Santiago. 

A iluminación dos monumentos evocará o percorrido que realizan os peregrinos no Camiño de Santiago, culminando na catedral de Santiago, coa iluminación da torre do Reloxo.

Para complementar e dar máis difusión á acción, proxectarase un vídeo de animación que recree a peregrinación a Santiago. Esta proxección farase sobre a torre do Reloxo da Catedral. 

A acción terá lugar do 22 de ao 31 de decembro en tres fases iluminando os seguintes monumentos segundo as datas referidas.

A proxección da Catedral de Santiago (torre do reloxo) manterase durante todo o desenvolvemento da acción do 22 ao 31 de Decembro.

Cóntase coa colaboración dos Concellos implicados, das dioceses galegas, parador do Castelo de Monterei, Parador de Vilalba, Semáforo de Fisterra e algunhas entidades privadas. 

Outras comunidades atuónomas

Por medio do Consello Xacobeo, o Grupo de Traballo do Camiño de Santiago da Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo e as xestións da Axencia de Turismo de Galicia conseguiuse a adhesión de diferentes Comunidades Autónomas a esta acción.

Participarán outras once Comunidades Autónomas: Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castilla y León, Extremadura, La Rioja, Madrid, Murcia,  Navarra e a Comunidade Valenciabna iluminando un total de 77 monumentos o que fai un total de 121 localizacións iluminadas dentro desta acción.

 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

Arriba