Román Rodríguez agradece no V Encontro Mundial de Confrarías do Apóstolo o seu labor por espallar os valores xacobeos no mundo
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou a importancia de espallar os valores xacobeos no acto de apertura do V Encontro Mundial de Confrarías do Apóstolo e Asociacións do Camiño de Santiago. Este evento, que conta coa colaboración do programa O teu Xacobeo, reuniu a representantes de máis de 30 confrarías e asociacións de once países co fin de avanzar na promoción e preparación do vindeiro Xacobeo 2021.