WEBINAR "AS REDES SOCIAIS NA DIFUSIÓN CULTURAL"
Pechado
As Redes sociais na Difusión Cultural
Programa
A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, en modalidade de teleformación, inclúe dúas sesións específícas co obxectivo de que os profesionais do Turismo Cultural de Galicia podan mellorar as súas competencias divulgativas tanto presenciais como en redes sociais.
Na actualidade a contorna dixital é un espazo masivo para a vida cultural da cidadanía, especialmente no eido das redes sociais, que son un escenario privilexiado de coñecemento, difusión e debate.
Porén, o uso das redes sociais na cultura resulta inda moi tímido e feito desde un certo rexeitamento destes soportes tan potentes. Neste webinar analizaremos as opcións actuais das redes sociais para a difusión da cultura e veremos estratexias de éxito para poder afrontala.
Obxectivos:
- Coñecer as características específicas das diferentes redes sociais e plataformas dixitais para un uso cultural eficiente
- Analizar o panorama actual da cultura nas redes e as demandas do público
- Aprender as nocións básicas da xestión de redes no eido cultural e do turismo
- Potenciar a divulgación cultural e a educación patrimonial a través da conversión dixital
DATA: Luns, 27 de abril ás 17:00 h.
Nº PRAZAS: 150
RELATOR: Miguel Ángel Cajigal Vera
Historiador da arte: investigador, docente e divulgador cultural. Traballa como técnico do Servizo de Educación e Mediación da Cidade da Cultura e desenvolve a súa actividade divulgadora como El Barroquista (@elbarroquista) nas diferentes redes sociais e no programa “Galicia por Diante” da Radio Galega. É membro do ICOMOS, o ICOM e Guía Oficial de Galicia.
DESTINATARIOS:
Profesionais do sector do turismo, especialmente do turismo cultural, que teñan interese en coñecer os resortes das redes sociais como vehículos para a cultura ou que queiran profundar no uso das mesmas para a difusión das súas actividades ou as das súas organizacións. Tamén pode ser útil para a xestión de redes de diferentes contornas da cultura: turismo cultural, espazos culturais ou patrimoniais, museos, empresas culturais, bibliotecas, arquivos, etc.
PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación
INSCRICIÓN:
Pode facer a súa inscrición neste formulario: PIQUE AQUÍ
Máis información: formacioncontinua@cshg.es ou tlf. 690 70 46 18