CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

Museos e coleccións
76

Localización

Rúa F 2

27250  Outeiro de Rei - Lugo

Descrición

A Casa-Museo Manuel María, emprazada na que foi casa natal do escritor, acolle o legado artístico, bibliográfico e documental do poeta da Terra Chá e fai un percorrido pola súa vida, a súa prolífica obra e as distintas facetas que completan unha das personalidades máis ricas da Galiza do século XX. Coñecida aínda como a Casa de Hortas, conserva ben a fasquía da casa tradicional labrega típica da Terra Chá, conservando boa parte dos seus elementos tradicionais: o lousado, a palleira, o curral, o corredor, a aira ou a horta. Serve, ademais, como sede da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, encargada de custodiar e divulgar o legado do escritor. Naceu tamén como espazo dinamizador de todo tipo de iniciativas da cultura galega ou sobre Galiza e, por suposto, de canta proposta garde relación con Manuel María.Dispón de biblioteca e fondo documental accesíbel a persoas investigadoras previa solicitude. Colección artística

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Arriba