TORRE DA PENA

Áreas de recreo e miradoiros
821
No Camiño de Santiago

Localización

Xinzo de Limia - Ourense

Coordenadas:
42º 05' 16.5" N - 7º 40' 22.5" W

Descrición

A Limia é unha comarca singular. Configurada xeograficamente en relación á gran chaira fluvial do río Limia, a presenza de grandes cultivos extensivos define a súa paisaxe.

Dende a Torre da Pena obsérvanse ben estas características singulares. Elevada nun outeiro, procuraba unha posición defensiva que domina un gran campo visual da chaira limiá.

A fortaleza, que conserva a torre da homenaxe, foi construída no século XII xunto con outras similares como Sandiás, Porqueira e Celme, configurando un sistema defensivo que protexía á Limia dos ataques de Portugal.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba