CAPELA DE SAN SADURNIÑO DE RUS

Relixioso
1227

Localización

Parroquia: Rus (Santa María)

Lugar: San Sadurniño 2

15109  Carballo - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 09.3" N - 8º 36' 53.5" W

Descrición

Esta ermida da Alta de Rus non ten especial valor artístico ou construtivo mais conta cun mérito non pouco curioso vinculado á tradición oral. Moi preto dela hai unha pedra curandeira, coñecida como a "Pedra do Cu", da que din que é boa para as almorrás. 
Cómpre non esquecer que esta é unha das pedras curandeiras, con reminiscencias precristiáns, que podemos atopar na Costa da Morte, como a Pedra dos Cadrís, en Muxía ou a "cama" de San Guillerme, boa para curar a esterilidade.

Acceso

Desde o centro urbano de Carballo, débese tomar a DP-1914 e percorrer 13 quilómetros ata chegar ao lugar do Empalme. Na glorieta, coller a terceira saída cara AC-400, e tras 6,5 quilómetros tomar o desvío á esquerda na indicación da Capela de San Sadurniño de Rus.
Arriba