Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CORGA DA FECHA&body=Recoméndoche que leas a información CORGA DA FECHA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/210607000191/corga-da-fecha?langId=gl_ES%26tp=40004330
A Corga da Fecha, unha das fervenzas máis altas de Galicia, só pode verse despois de días de moita choiva. As súas augas desembocan no río Caldo que pasa ao lado do Balneario de Lobios, onde poderemos deixar o coche para continuar a pé por unha pista que discorre sobre o que hai dous mil anos, en época romana, foi unha importante vía de comunicación que unía Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga).
A uns 800 m de onde se inicia o camiño, antes de cruzar o río, colleremos unha pista que ascende á man esquerda. Non ten perda porque hai un cartel que indica a dirección a seguir e que nos levará a unha primeira fervenza, que será só un anticipo do que nos falta por ver.
Se queremos subir á parte alta teremos que ascender por un sendeiro rochoso e con forte pendente que nos permite ir parando en diferentes alturas para observar a fervenza dende distintos puntos
IMPORTANTE: debemos ascender con moita precaución, sobre todo se o terreo está mollado.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.