FERVENZA DE RODEIRO

Fervenzas
240

Localización

Parroquia: Abelenda (Santa Mariña)

Avión - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 13.4" N - 8º 18' 17.5" W

Descrición

Esta fervenza atópase nun afluente do río Baluga que descende pola serra do Suído cun forte desnivel. Acercarse a estes saltos de auga é imposible porque non hai ningunha senda e o monte está moi pechado. A primeira destas fervenzas, de máis de 50 metros de altura pode verse dende a parte de atrás da Casa do Pobo de Rodeiro. Para observar o segundo dos saltos, cunha caída de case 100 metros, debemos subir pola estrada que vai de Rodeiro aos Chozos.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba