IGREXA PARROQUIAL DE SAN VICENTE DE A GRADE

Relixioso
1211
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Grade (San Vicente)

27513  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 35' 10.9" N - 7º 51' 36.0" W

Descrición

Edificio de orixe románica, con profundas reformas no século XVIII. Dispón dunha nave de planta cadrada, ao igual que o presbiterio e a sancristía, apegada ao muro esquerdo. Os muros que a conforman son de cachotería e cantería de granito e a cuberta a dúas augas. A ábsida é cadrada, de pequenas dimensións, cunha ventá no testeiro, con dúas columniñas de capiteis historiados, con arquivolta de aresta viva e unha seteira na parede lateral. A nave dispón de dúas portadas con lintel, a principal e unha lateral, cunha espadana de dous vans construída a principios do século XIX.

Acceso

Saír de Chantada pola estrada LU-213. A 3 km aproximadamente coller o desvío á esquerda pola LU-P-1002.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba