IGREXA DE SANTA EULALIA DE VALDOVIÑO

Relixioso
1563

Localización

Parroquia: Valdoviño (Santalla)

Lugar: Valdoviño

15552  Valdoviño - A Coruña

Coordenadas:
43º 35' 58.0" N - 8º 08' 07.9" W

Descrición

Igrexa de estilo ecléctico. Planta rectangular, con catro corpos pegados aos seus muros facendo a función de pequenas capelas laterais. O interior da igrexa presenta unha nave cuberta por un falso teito. A parte correspondente ao cruceiro remátase cunha bóveda de aresta. A ábsida cunha estrutura hexagonal e abovedada de características neogóticas. Aos pés da nave áchase un coro alto. No exterior a construción mostra unha rica volumetría. Os amplos ocos dos seus muros dan iluminación ao interior.

A fachada principal organízase mediante un sistema pentagonal. Dividida en tres panos, por medio de dúas bandas de resalte. Na parte central superpóñense unha porta rematada en arco de medio punto, unha fornela coa imaxe de "Santa Eulalia" e un oco circular. Cornixa cunha serie de arquiños cegos, os cales se interrompen no centro para dar lugar á base da torre campanario, que está composta por dous corpos, o segundo con forma piramidal. Dende o outeiro onde está situada a igrexa pódese observar unha magnífica panorámica litoral (praia e lagoa de A Frouxeira).

Arriba