POZO CAÍDO

Fervenzas
196

Localización

Parroquia: Galez (San Fiz)

Entrimo - Ourense

Coordenadas:
41º 57' 05.5" N - 8º 05' 22.7" W

Descrición

O pozo de Caído está situado no río Pacín, afluente do río Limia que nace na serra do Laboreiro, en Portugal, onde recibe o nome de Corga do Azebedo. Durante moitos quilómetros este río fai de fronteira natural entre España e Portugal.

Para chegar ao pozo do Caído, colleremos a OU-1212, en Entrimo, en dirección ao lugar da Feira Vella. Unha vez alí xa atopamos a sinalización cara a fervenza. A estrada chega ata a praia fluvial do río Pacín, onde estacionaremos o noso vehículo para continuar por un sendeiro ata a fervenza, cuxos arredores están dotados de miradoiro e pasarela de madeira.
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba