PR-G 116 ROTA DO CON NEGRO - ARTE AO NATURAL

Sendeirismo
613
No Camiño de Santiago

Localización

O Grove - Pontevedra

Coordenadas:
42º 27' 38.1" N - 8º 55' 56.3" W
42º 28' 10.5" N - 8º 55' 47.1" W

Descrición

Sendeiro que, partindo do lugar coñecido como O Conchido, onde se localiza unha batería militar, bordea a costa por un dos espazos mellor conservados da Península do Grove e remata nas proximidades da urbanización turística de San Vicente do Grove.

Entre camiños de carros e sendas que atravesan praias pouco transitadas e salvaxes, ademais de non perder a vista do mar, toda a ruta está singularizada pola presenza de monumentais penedos graníticos que adoptan diferentes formas por mor da forte erosión do vento.

Ao longo da ruta pódense contemplar varios areais de pequenas dimensións como as praias de Con Negro, Aguieira ou da Poza, Barreiro e Castiñeira.

Achegándonos ao final do percorrido, atopamos o Lavadoiro da Castiñeira, que foi construído polos veciños a mediados do s. XX para aproveitar a auga do manancial existente nese lugar.

Acceso

Na AP-9 coller a saída 119 cara ao Grove pola AG-41. Continuar en dirección á VRG-4.1 e seguir as indicacións cara a San Vicente do Grove. Atravesar a vila e continuar pola PO-9106 ata alcanzar a zona de adestramento militar coñecida como A Batería.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Lonxitude

3,25 kilómetros
3,25 km. A variante mide 550 m.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: A Torre (O Grove) - UTM:29T X:505904 Y:4702137
Punto de partida: O Conchido (O Grove) - UTM:29T X:505689 Y:4701134

Percorrido

O Conchido (batería militar), Praia de Con Negro, Praia de Aguieira, Praia de Barreiro, Praia de Castiñeira, Os Coupríns, A Torre.

Dificultade

Baixa

Duración

1 Horas
1 hora.

Servizos

Fóra da ruta, no Grove.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 184-II O Grove.

Máis información

Concello do Grove
Praza do Corgo, s/n. 36980 O Grove
Tel.: 986 730 975 / Fax: 986 731 358
e-mail: oftur@turismogrove.com
www.turismogrove.com

Federación Galega de Montañismo

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: -1 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 60 m.
Desnivel acumulado baixando: 43 m.
Desnivel acumulado subindo: 68 m.

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Tipificación

Interese naturalista

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba