PAZO DE MIRAFLORES

Civil
2178

Localización

Parroquia: Oleiros (Santa María)

Lugar: Oleiros

15173  Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 20' 04.9" N - 8º 18' 23.0" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Situado dentro dun fermoso parque con boas vistas de A Coruña. No terreo hai xardíns de deseño francés e un xardín botánico con palmeiras, olmos, pradairos, ... Tamén teñen unha horta. Planta en escuadra. Debido á pendente do terreo, é de planta baixa nun lado e baixo máis planta no outro. Ao Pazo éntrase polo alzado Leste, que presenta dous corpos diferenciados e muros cubertos buganvíleas. Galería e patín nos alzados Sur e Oeste. Ademais a antiga torre, que fai esquina con tres plantas e ocos con arco de medio punto. Fábrica de cachotaría e ocos de cantería recebados. Carpintaría de madeira. Cuberta de tella. No xardín hai tres fontes e unha paxareira.

Acceso

Dende Oleiros ir dirección Sada e , aproximadamente a altura do semáforo que atoparemos á saída do pobo, xirar a esquerda dirección rúa Ledicia, despois rúa Cruceiro ata chegar finalmente á rúa Pazo, lugar onde se atopa o pazo.
Arriba