ECOPARQUE MULTIAVENTURA DE MARIN

Empresas de actividades deportivas
1399

Localización

Parroquia: Marín (San Xián)

Lugar: Pardavila

Rúa: CARRET. MARIN-MOAÑA PO 313-FINCA DO CADRO

Marín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 21' 35.8" N - 8º 41' 54.8" W

Descrición

O Ecoparque Multiaventura de Marín está situado na Península do Morrazo, entre as Rías de Pontevedra e Vigo. Unha actividade que non te deixará indiferente, descubrindo de que esta feito cada un de nos. Lanzarámonos de árbore en árbore mediante tirolinas, cordas colgantes, pasarelas, pontes tibetanos, escaleiras horizontais, pasos de bambán, lianas...

É unha aventura única, consta dunha serie de circuítos ou percorridos polas copas das árbores, experimentando sensacións de velocidade cas súas numerosas tirolinas, de equilibrio camiñando por pasarelas e pontes colgantes e de diversión en estado puro.

Os retos ou xogos construíronse sobre plataformas de madeira unidas entre sí con cordas, cables e madeiras, perfectamente integradas coa paisaxe, que permiten camiñar de árbore en árbore, atravesando o bosque, con total seguridade grazas á utilización de equipamentos de seguridade: arnés, mosquetóns, liñas de vida, e as indicacións e control do persoal técnico do Ecoparque.

Como punto atrevido temos os circuítos nocturnos: empezando a velada cunha cea no Ecoparque facemos que entre ben a noite para poder enfrontarnos aos circuítos unicamente armados cos equipos de seguridade e unhas lanternas para levar na cabeza, perdendo as referencias que o día nos ofrece e gozando doutras sensacións completamente distintas.

Atoparás tamén no Ecoparque Multiaventura de Marín cabalos nos que facer paseos polo interior do recinto do Ecoparque ou rutas polos montes próximos. Rutas que pasan por lugares senlleiros e de magníficas vistas, atravesan bosques, circulan por antigos camiños nos que sentirte en consonancia coa natureza e en complicidade co animal que te está levando.

Entre sensación e sensación, entre sorriso e sorriso, poderás descansar degustando algúns dos bocadillos quentes ou fríos, pratos combinados, sobremesas caseiras ou simplemente xeados ou refrescos.

Estas actividades pódense realizar en familia, con amigos ou como reto persoal, atrévese a descubrir una forma nova de pasear polo bosque.
De feito o perfil de participantes que podemos atopar no Ecoparque son grupos familiares e grupos de amigos case sempre de entre 5 e 45 anos procedentes de toda Galicia (aínda que destacan máis as provincias de Pontevedra e A Coruña), de gran parte de España (Madrid, Barcelona, Guadalaxara, Murcia... ) e minoritariamente estranxeiros, case sempre de fala inglesa ou francesa, lugares onde este tipo de instalacións xa son máis abondosas.

Descrición de actividades

Parque multiaventura.
Arriba
Axúdanos a mellorar!