06 mai 2013

Turgalicia promocionou o turismo galego na feira “Expovacaciones” de Bilbao

Turismo de Galicia participou cun stand de 160 metros cadrados que incluíu varios módulos temáticos.

 
Os vascos supoñen o 4% dos visitantes que recibiu en 2012 a Comunidade galega

Turismo de Galicia publica o folleto Bosques de Galicia.

Stand de Galicia en Expovacaciones

Turismo de Galicia promocionou o turismo galego a pasada semana na feira Expovacaciones de Bilbao, para difundir os valores, recursos e produtos turísticos galegos entre os cidadáns do País Vasco, un dos mercados turísticos emisores nacionais máis importantes para a comunidade galega.

 
Trátase dun certame de turismo dirixido ao público final que se desenvolveu entre  os días  2 e 5 de maio no Bilbao Exhibition Center, BEC, situado en Barakaldo, e que este ano chegou á súa trixésimo cuarta edición.
 

Turismo de Galicia participou este ano cun stan de 160 metros cadrados que contou con módulos dedicados á oferta turística xeral de Galicia, á costa, ao interior, á montaña, ás cidades, ó Camiño de Santiago e ás experiencias turísticas que se poden vivir en Galicia.

 

Para amenizar a presenza galega nesta feira, durante a fin de semana, no stand de Galicia actuaron dous músicos da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC).

 

Visitantes vascos


Os vascos supuxeron o 4% dos turistas españois que visitaron Galicia o ano pasado. Doutra parte, e de acordo cos datos do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, os turistas vascos, con algo máis de 19.000 viaxeiros, supuxeron case o 2% no tráfico aéreo de Galicia en 2012.

Arriba