Novas turísticas

Atopáronse 1757 novas relacionadas coa súa busca:

21/01/19

Galicia preséntase en Fitur como destino que innova e se especializa con novos produtos ao redor do patrimonio e natureza

Entre as novidosas propostas impulsadas pola Consellería de Cultura e Turismo para 2019 destaca ‘Un paseo de historia e vida’, froito do traballo levado a cabo no Ano Europeo do Patrimonio Cultural e que afonda nos cascos históricos

Tamén se presentará o itinerario marítimo para coñecer o legado fenicio en Galicia, a ruta atlántica de turismo de mergullo, a marca que aglutina aos festivais musicais galegos así como celebracións tradicionais como os Entroidos e a Semana Santa

As candidaturas galegas a Patrimonio Mundial da Unesco, Cíes-Illas Atlánticas, Ribeira Sacra e Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración terán un destacado protagonismo, xunto ao Xacobeo 21 e propostas de accesibilidade no Camiño

 

15/01/19

Exceltur revela a crecente contribución do turismo á economía galega ao xerar 6.341 millóns de euros, cunha suba do 9,6%

O estudo Impactur, executado pola Alianza para a Excelencia Turística en colaboración coa Xunta, amosa o bo desempeño do sector e os seus efectos indirectos

O emprego vinculado ao turismo medrou un 7% coa xeración de case 110.000 postos de traballo, o que representa o 11% do total da Comunidade
 
A mellora do gasto dos viaxeiros, o consumo turístico dos españois, a demanda estranxeira e o investimento público e privado explican estes incrementos
 
O turismo tamén permitiu obter unha recadación de 1.363 millóns de euros a través de impostos, o que representa o 10,4% do total da Comunidade
Arriba