04 mai 2015

O Manneken Pis de Bruxelas vístese de peregrino do Camiño de Santiago

A iniciativa foi promovida pola asociación belga de Amigos do Camiño de Santiago.

A famosa estatua da capital belga vestirá coa capa, o sombreiro e o bastón de peregrino ata finais de mes.

Trátase do traxe número 930 do Manneken Pis que despois formará parte do Museo de Traxes da coñecida insignia.

O Manneken Pis vestido de peregrino.

A famosa estatura de Bruxelas Manneken Pis vestirá o tradicional traxe de peregrino do Camiño de Santiago ata finais de mes.

A iniciativa foi promovida pola Asociación belga de Amigos do Camiño de Santiago, que recibiu en recoñecemento aos servizos prestados á tradición e folklore de Bruxelas o diploma da orde de Amigos do Manekken Pis.

A capa, o sombreiro e o bastón de peregrino do Camiño de Santiago constitúen o número 930 de traxes que vestiu a famosa escultura belga e que pasará despois a formar parte da colección exposta no Museo de Traxes do Manekken Pis.

Esta iniciativa constitúe unha mostra máis do alcance internacional que acadou o Camiño de Santiago e servirá para difundir e promocionar a Ruta Xacobea entre o mercado belga e todos os turistas que se achegan neste mes a Bruxelas.

Arriba