26 set 2016

O xerente do Xacobeo destaca o labor das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago na VI Asemblea da Federación Andaluza

Rafael Sánchez agradeceu o dinamismo que os colectivos xacobeos andaluces posúen na promoción do Camiño de Santiago nesa Comunidade Autónoma

Destacou a valiosa labor que realizan en relación á sinalización, asesoramento, acollida así como difusión

Resaltou que Andalucía é a segunda Comunidade Autónoma que máis peregrinos aportou ao Camiño de Santiago o pasado ano

O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, participou na VI Asemblea da Federación Andaluza de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago celebrada no Puerto de Santa María.

Durante a mesma, se deu conta a socios e invitados da misión que ten encomendada a Federación Andaluza así como os seus fins.

O xerente do Xacobeo aproveitou a ocasión para agradecer o dinamismo que os colectivos xacobeos andaluces posúen na promoción do Camiño de Santiago nesa Comunidade Autónoma.

Neste senso, Rafael Sánchez destacou a súa labor de sinalización dos itinerarios de peregrinación, o seu traballo para dotar as ditas rutas de albergues para a acollida dos peregrinos, o seu de asesoramento aos peregrinos tanto que realizan a ruta xacobea por Andalucía como aos interesados nalgún dos outros itinerarios, así como as innumerables accións de difusión que realizan e que converten aos colectivos xacobeos de Andalucía nun dos grupos máis dinámicos en relación á peregrinación e a cultura xacobea.

Peregrinos procedentes de Andalucía

Por outro lado, resaltou que Andalucía é a segunda Comunidade Autónoma, despois de Madrid que máis peregrinos aportou ao Camiño de Santiago.

Concretamente, o pasado ano 2015 selaron a súa Compostela na Oficina do Peregrino de Santiago un total de 22.877 peregrinos andaluces, o que supón un 8,71% do total.

Arriba