19 set 2019

Nava Castro salienta a oportunidade que o termalismo ofrece ao rural e interior de Galicia para dinamizar a economía local

 A directora de Turismo de Galicia participou  en Lobios na clausura do congreso internacional Termalismo 2021-2027 no marco da ‘Semana Termatalia’

 
Incidiu na aposta do Goberno galego por impulsar a competitividade dos balnearios en canto a súa capacidade aloxativa e modernización
 
Nava Castro, en Lobios.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou en Lobios na clausura do Congreso Internacional Termalismo 2021-2027: dinamización dos territorios e reto demográfico, unha das actividades incluídas na Semana Termatalia que se celebra estes días con motivo da feira internacional de termalismo Termatalia 2019 na cidade de Ourense.

Durante a súa intervención puxo de manifesto a gran oportunidade que brinda o termalismo, especialmente no interior e o rural de Galicia, por permitir dinamizar o desenvolvemento socioeconómico dos concellos. Neste sentido, puxo de manifesto a aposta do Goberno galego por impulsar infraestructuras como os balnearios, mellorando a súa capacidade aloxativa ou afondando na súa competitividade con proxectos que facilitan a súa documentación e xestión.

O foro, organizado no Balneario de Lobios polo proxecto Raia Termal, analizou durante os últimos dous días o papel das augas termais dos territorios nos que están situados e participaron persoas de preto de 20 países como España, Portugal, Francia, Italia, Reino Unido, Alemaña, Croacia, Arxentina, Brasil, Costa Rica, Colombia, México, Chile, Ecuador, Panamá, Tailandia ou Emiratos Árabes.

Termatalia 2019

O congreso internacional enmáarcóuse  nas accións paralelas á Feira Termatalia 2019 que se celebraou en Ourense e que contou co apoio da Xunta de Galicia. A feira cumpríu a súa décimo novena edición e Galicia participou cun expositor no que se presenta a oferta termal galega e tamén estiveron turoperadores de diferentes países, así como de medios especializados.

Participaron 269 expositores, 26 turoperadores e estiveron representados 34 países con importante presenza de América Latina e Europa. 

Arriba