11 abr 2023

A Xunta publica a licitación das obras de acondicionamento na illa de Ons por 1,8 M€

 O obxectivo é executar estas actuacións no prazo máis breve posible coa premisa de comezar as obras a principios deste verán

 
Ons miellorará a súa infraestrutura turística

 A Xunta publicou  a licitación das obras de acondicionamento da illa de Ons, segundo o plan previsto para levar a cabo os proxectos de mantemento e rehabilitación nos 12 BICS de titularidade pública galegos. Nesta actuación o orzamento previsto acada preto de 1, 8 millones de euros, dos cales a Xunta aporta 400.000 euros

O obxecto da licitación que está na páxina https://www.contratosdegalicia.gal/licitacionOP=50&N=816228&lang=gl é o acondicionamento da illa de Ons mediante restauración de obras e infraestruturas, mellora da xestión de residuos, adecuación e mellora de camiños e sendeiros, implantación de medidas de protección medio ambiental, implantación de sinalización dixital e de ferramentas para a xestión de fluxos turísticos e control de capacidade de visitantes.
 
Esta actuación enmárcase na programación das actuacións para a posta en valor dos bens de interese cultural no Camiño de Santiago. En total vaise a actuar en 12 inmobles e mobilizarase un investimento preto de 23,7 millóns de euros, dos que 22,7 millóns de euros proceden de fondos europeos e preto de 1 millón de euros de fondos propios da Xunta de Galicia.
 
Estas actuacións permitirán poñer en valor o patrimonio histórico ao longo dos Camiños de Santiago a través da súa rehabilitación e incluíndo melloras de sustentabilidade, accesibilidade e eficiencia enerxética, así como medidas coas que impulsar a modernización ou dixitalización destes espazos.
 
Neste contexto, a Xunta de Galicia ten como obxectivo conservar os bens de interese cultural e permitir que poidan seguir sendo desfrutados polas xeracións futuras. Preténdese diversificar a oferta e desenvolver recursos turísticos, centrándose de xeito especial no investimento en zonas de menor densidade de poboación. Deste xeito, búscase a consolidación da poboación en zonas máis despoboadas e preténdese impulsar turisticamente esas poboacións e as súas comarcas.
 
Arriba