11 abr 2023

Turismo de Galicia participará en Milán en La Spagna al Femminile que rende homenaxe ás mulleres chef na enogastronomía

 Trátase dunha iniciativa de promoción do turismo a través da gastronomía, promovida pola OET de Milán, que emparella a grandes cociñeiras das rexións españolas con cociñeiras italianas de renome

O evento no que colabora Turismo de Galicia contará coa participación de Lucía Freitas
 

 A Xunta participará en Milán en “La Spagna al Femminile”, que rinde homenaxe á enogastronomía e as mulleres chefs, organizado por Turespaña co obxectivo de facer promoción de España en Italia.

O proxecto comezou en 2022 coascomunidades autónomas  de Asturias e Valencia en dúas localidades italianas, Milán e Boloña. Galicia será este ano a comunidade convidada e terá a Lucía Freitas como cociñeira que nos representa. O acto terá lugar en Milán, o 26 de abril, no restaurante ViVa by Viviana Varese; unha das chefs máis recoñecidas de Italia, que acollerá unha cea a catro mans con Lucía Freitas para os 50/60 convidados pola OET de Milán ao evento.
 
Trátase dunha iniciativa de promoción do turismo a través da gastronomía, promovida pola OET de Milán, que emparella a grandes cociñeiras das rexións españolas con cociñeiras italianas de renome e, a través dunha cociña a catro mans, presenta un menú que incorpora os sabores tradicionais de cada destino, posicionando ás mulleres como gardiáns da tradición e punta de lanza da innovación e do futuro da gastronomía.
 
Arriba