18 abr 2023

Turismo de Galicia participa no acto que certifica a adhesión de nove xardíns galegos á Rede Europea de Xardíns Históricos

 Este Itinerario Cultural Europeo, pertencente ao Consello de Europa, agrupa 41 espazos botánicos de Europa, relevantes polo seu valor histórico, artístico e botánico

Os nove xardíns forman parte da Ruta da Camelia, nos que se atopan a maior colección e variedade desta flor en Europa
 
Presentación dos xardíns históricos.

 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto de entrega de placas e diplomas que certifican a adhesión de nove xardíns de Galicia á Rede Europea de Xardíns Históricos. Este Itinerario Cultural Europeo, pertencente ao Consello de Europa, agrupa 41 espazos botánicos de Europa, relevantes polo seu valor histórico, artístico e botánico.  

Segundo explicou a directora xeral de Turismo entran a formar parte desta Rede, o Pazo de Mariñán, a Alameda de Santiago de Compostela, o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, o Pazo de Oca, o Pazo de Rubiáns, o Pazo Quinteiro da Cruz, o Pazo de Lourizán, o Castelo de Soutomaior e o Pazo Museo de Quiñones de León. Todos estes xardíns forman parte da Ruta da Camelia, nos que se atopan a maior colección e variedade de camelias de Europa.
 
Para Galicia, a posta en valor do patrimonio natural é clave na promoción do turismo como recurso diferenciador da nosa comunidade, rematou Nava Castro.
 
Arriba