CALIDADE TURÍSTICA

06 mai 2021

CURSO DE INGLÉS PARA RUTAS DO VIÑO

Pechado

 

Programa

 

Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2021, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego,  coa oferta de formación en diferentes linguas para mellorar a calidade do servizo aos peregrinos e turistas que visitarán Galicia no Xacobeo 21 22.

O Curso myEnglish para Rutas do Viño de Galicia permitirá mellorar o coñecemento da lingua inglesa e aprender a comunicarse de modo máis efectivo con clientes  ante o Xacobeo 21 22 e mellorar a comunicación con clientes internacionais no destino Galicia.

METODOLOXÍA:
Curso 100%  en liña  de 50 horas de duración, con acceso 24 horas todos os días da semana,  garantindo  a máxima flexibilidade de horarios.
É un curso intuitivo e fácil de usar, con contidos creados por  Oxford University Press,  que che axudará a desenvolver as túas destrezas de lectura, escritura e fala coa axuda dun profesor virtual. 
Ao inicio do curso, o alumno terá un Webinar de Benvida por parte do titor e servizo de titorías vía correo electrónico durante todo o curso do que poderá dispoñer mentres fai o curso no horario que mais lle conveña.

Cada curso consta de 12 unidades básicas  con autoavaliacións. Así mesmo o alumno ten dispoñible durante todo o curso recursos extras como Business Videos, Works mails, Articles, Working Culture, Phrasal Verbs, etc e o Diccionario Oxford Wordpower online
 

NIVEL DE IDIOMA DO CURSO:
Hai un total de 12 niveis dispoñibles, dende o A1 ate o C1+ ( De iniciación, medio, alto e  perfeccionamento)
Cada alumna/o  unha vez seleccionada/o realizará unha proba inicial de inglés, que determina o seu nivel para o curso.

DATAS:

Solicitude de praza: 22 abril a 2 de maio
Confirmación admitidos: 4 maio
Duración do curso: 6 maio a 9 xullo
Exame Final: 12 Xullo
 

Nº CURSOS: 1

Nº PRAZAS POR CURSO: 20

DESTINATARIOS:

Persoal  do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe mellorar o seu nivel inglés para comunicarse cos seus clientes nas Rutas do Viño de Galicia.
 

REQUISITOS:
Estar a traballar  (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego ou  ERTE debido á  crise da  COVID-19  no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 50 horas de formación no nivel que corresponda  as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o test de autoavaliación final.

PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN:
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 


 

Arriba