2 ads. chegan ás 21 h na lagoa de Quintas, un deles caza un paseriforme e ambos acosan a 1 T.ochropus, que por 4-5 veces ten que se tirar á agua; o adulto co paseriforme o mantén nas garras mentres pica sobre o bilurico.
Novos avistamentos da especie no val do Xuvia. Esta madrugada obsérvanse un mínimo de 3 ex no lugar das Regas de Casalousada (apórtanse coordenadas UTM). Outro máis a 700 m de distancia (dirección NE). Todas as observacións entre as 6,02 e as 7,00 h, cando se escoita un adulto cantando por última vez. Logo de estudar o terreo barállase a posibilidade de que a especie sexa efectivamente reprodutora na zona, pois dispón de moito hábitat óptimo. Sen embargo resulta chamativo que non se detectara previamente en todo o período reprodutor, quizá por mala praxe do observador (aínda que fixo constantes visitas ao lugar nas horas da madrugada). Polo de agora é preferíbel manter o seu estatus reprodutor/migrante coma "incerto" até que se faga un mellor seguemento.
Observadas dúas parellas con 1+ e 2+ polos voantóns no lugar das Regas de Casalousada. Primeiros xuvenís identificados claramente polo observador na zona, que visita regularmente.
Sete voantóns son alimentados polos adultos nos prados das Regas (Casalousada-Vilar). Descoñécese se é unha ou dúas familias. A 400 m en liña recta hai unha importante colonia no interior dunha carpintaría abandonada.
This portal uses own cookies or of third with analytical ends, as well as links to portals of third to be able to share content in the social networks. You can find more information in the cookie policy.
Cookie configuration
You can use these buttons to customise the services you wish to use on this portal.