FILTROS

Le mostramos un total de 417 avistamientos encontrados.

Tringa glareola

Municipio: PALAS DE REI
Comentario:
1 ex. aliméntase nunha beira herbácea da lagoa de Quintas, distinto ao observado a mediados de abril.
Observador: Jorge Mouriño

Cuculus canorus

Municipio: A ESTRADA
Comentario:
Primeiro ex. escoitado no ano polo observador, nas carballeiras de arredor do pazo de Oca.
Observador: Elsa Quintas

Apus apus

Municipio: PONTEVEDRA
Comentario:
Observados 5 ex. sobre o barrrio da Parda, en Pontevedra. O día anterior xa vira un, avisado por Vitor Cabaleiro, que os vira dende a sua casa.
Observador: Juan Antonio Gómez Escariz

Locustella naevia

Municipio: MOECHE
Comentario:
Observado e escoitado cantar alomenos un exemplar nunha finca perto de Casalousada. Quizá un exemplar en paso, mais o lugar semella a priori un hábitat axeitado para a reprodución da sp, que ten presenza histórica (e mesmo recente) no val de Moeche.
Observador: Xabier Prieto Espiñeira

Gallinago gallinago

Municipio: A PASTORIZA
Comentario:
Un ex. atropelado nunha pista asfaltada entre prados perto do Miño, en Baltar.
Observador: Elsa Quintas

Tringa ochropus

Municipio: VALDOVIÑO
Comentario:
Lagoa da Frouseira, aberta e chea pola preamar. Un exemplar descansa no interior da enseada coñecida coma "Lago Pequeno" a primeira hora da mañá. A especie é bastante escasa na pasaxe primaveral, moito máis neste mes.
Observador: Xabier Prieto Espiñeira

Tringa ochropus

Municipio: PALAS DE REI
Comentario:
2 ex. alimentándose nas beiras da lagoa de Quintas.
Observador: Jorge Mouriño

Hirundo rustica

Municipio: PALAS DE REI
Comentario:
5-11 ex. voando sobre a lagoa de Quintas e proximidades.
Observador: Jorge Mouriño

Riparia riparia

Municipio: PALAS DE REI
Comentario:
Mínimo 2 ex. voando entre anduriñas comúns sobre a lagoa de Quintas.
Observador: Jorge Mouriño

Lanius meridionalis

Municipio: SANTISO
Comentario:
1 ex. nos campos da Lagoa de Quintas.
Observador: Javier Rodriguez Escudero
Más eventos
Arriba