CRUCEIRO DE SALGUEIROS

Etnográfico
757
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Salgueiros (San Mamede)

Lugar: Salgueiros

15152  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
43º 01' 10.5" N - 9º 10' 31.9" W

Descrición

Cruceiro de tipo de Crucifixo con plataforma cuadrangular de cinco chanzos e pedestal cúbico rematado con bocel. Ten unha mesa acaroada á plataforma. O varal é cadrado con chafráns con adornos nos chafráns e recadro na parte cuadrangular do pedestal. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso e ábaco de lados rectos. Ten ademais volutas, follas de camelia e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é circular e amosa polo seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. A esta imaxe de Cristo fáltalle un brazo por rotura. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas e sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!