CENTRAD

Museos e coleccións
805
No Camiño de Santiago

Localización

Travesía da rúa Chantada

27004  Lugo - Lugo

Coordenadas:
43º 00' 40.5" N - 7º 33' 59.1" W

Descrición

O CENTRAD é un complexo arquitectónico iniciado a primeiros do século pasado para albergar o hospital de Santa María, actualmente acolle varios obradoiros artesanáis, salas de exposición temporal e a colección museográfica que nace coma un proxecto ligado ao obradoiro de instrumentos musicais creado no ano 1951 por mediación do filántropo Antón de Marcos, e cos artesáns Faustino Santalices e Paulino Pérez.
A tipoloxía dos seus bens abrangue instrumentos de música, tanto do patrimonio musical galego como numerosos exemplares procedentes doutras culturas, instrumentos mecánicos, obxectos e xoguetes sonoros, indumentaria tradicional e réplicas en petro de iconografía musical.
Destaca a colección máis importante en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII.
O percorrido inclúe a visita ás catro salas de exposición permanente e ao obradoiro de instrumentos musicais que está integrado nas instalacións.
A Sala Antón de Marcos recrea, entre outros, o obradoiro histórico fundado no ano 1951 coas ferramentas e útiles de traballo de Paulino Pérez.
A Sala Xelmírez, entre outros, reúne réplicas dos instrumentos representados nas ménsulas do pazo de Xelmírez anexo á catedral compostelá.
A Sala Pórtico da Gloria amosa as réplicas dos instrumentos representados no pórtico da catedral compostelá, nos manuscritos de Leonardo da Vinci, Alfonso X e unha importante colección de zanfonas.
Por último, a Sala Faustino Santalices e Paulino Pérez, alberga instrumentos ligados á música tradicional galega e unha sección adicada aos instrumentos mecánicos e de corda de diferentes partes do mundo.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/instrumentos-centrad

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Aparcamento
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 15/07/2020
Arriba