Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: SALTO DO CENZA&body=Recoméndoche que leas a información SALTO DO CENZA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/211130000292/salto-do-cenza?langId=gl_ES%26tp=40004330
Parroquia: San Mamede de Hedrada (San Mamede)
Vilariño de Conso - Ourense
Para chegar ao miradoiro dende o que admirar esta fervenza deberemos dirixirnos ao núcleo de Hedrada, no concello de Vilariño de Conso. Unha vez alí deixaremos o coche na entrada da aldea para seguir a pé. Debemos cruzar entre as casas e, ao chegar ao final, veremos un sendeiro que pasa diante dunha fonte e segue, en continuo ascenso, ata o noso destino.
Na metade do camiño hai un panel informativo e dous sinais, un deles indica cara a fervenza e o outro cara a Pîco Ortiga.
Seguimos pola dereita para chegar ao miradoiro que, acondicionado cunha plataforma de madeira, permítenos ver a fervenza en todo o seu esplendor.
O percorrido total a pé é duns 3,2 Km (ida e volta). A subida é algo pronunciada e, en época de chuvias, debemos ter coidado de non esvarar polo camiño de lousas.
IMPORTANTE: en época de abundantes chuvias a escorrentía pode dificultar ou incluso impedir o acceso ao miradoiro.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.