Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA MAIOR (CATEDRAL-BASÍLICA DE S.MARTIÑO)&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA MAIOR (CATEDRAL-BASÍLICA DE S.MARTIÑO) extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26572/capela-maior-catedral-basilica-de-s.martino-?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Da cabeceira orixinal, formada por varias ábsidas, só se conserva a principal. No século XVII foron derrubadas as ábsidas laterais para levar a cabo a construción do deambulatorio. A estrutura románica vese tapada pola presenza de varios retablos. O principal, o retablo maior, foi obra de Cornelis de Holanda no século XVI. Dividido en 4 corpos e cinco vans, mostra escenas da vida de María e Xesús.
Continua o retablo maior a través duns colaterais barrocos (Castro Canseco, século XVIII) que serven para mostrar o martirio dos santos Facundo e Primitivo e o de Santa Eufemia. Na parte inferior de ambos os retablos instalouse o cadeirado baixo do coro renacentista trasladado desde a nave central. Pódense atopar tamén dous sepulcros: un do cardeal Quevedo, (século XIX) e outro de abundante decoración que non se sabe a quen pertence: o sepulcro do bispo descoñecido (gótico, século XIV). O ciborio (siglo XV-XVI) levántese uns 28 m de altura. Rematan o conxunto as reixas da capela maior (Celma, século XVI) recolocadas tras o traslado do coro; a do norte reproduce as virtudes e a do sur, a crucifixión.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.