CAPELA DE SAN BLAS

Relixioso
1106
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Mamede de Ribadulla (San Mamede)

Lugar: San Gregorio

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 45' 57.9" N - 8º 26' 29.0" W

Descrición

A capela, de reducidas dimensións, é de planta rectangular cunha única nave. No exterior destacan a espadaña, cun arco e remate triangular, e a cruz de pedra que remata a cuberta na cabeceira.

Acceso

Dende a casa do concello collemos a DP-8203 dirección Ourense a cal se xunta ca DP-1202, pola que continuaremos ata un cruce onde hai una isleta no medio con unha farola pola cal colleremos á dereita ata o final da estrada. Alí colleremos cara a dereita pola CP-9801 ata o final da estrada que nos leva a un cruce, colleremos a esquerda na AC-241 dirección a Ponte Ulla. Continuaremos por esta estrada ata chegar ao primeiro cruce que haxa á dereita e torceremos alí. A continuación, seguiremos ata o primeiro cruce onde colleremos á esquerda, no seguinte cruce á dereita e no seguinte de novo á dereita e outra vez á dereita onde xa veremos o indicador “Capela de San Blas”.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!