16 abr 2018

Galicia presentou a súa oferta turística en Irlanda, o segundo mercado estranxeiro que máis medrou durante o ano pasado

 Turismo de Galicia participou no obradoiro de traballo Irish Travel Industry Trade Show que se celebrou na cidade de Dublín

 
O mercado emisor de Irlanda rexistrou un 13,7% de incremento nas pernoitas sitúase como o sexto país estranxeiro con máis peregrinos, con 6.647
Xornadas de promoción turística en Dublín.

 A oferta turística de Galicia presentóuse na capital de Irlanda, Dublín, no marco do taller de traballo Irish Travel Industry Trade Show, no que estiveron representados o principais operadores deste país. Turismo de Galicia estivo presente nesta reunión na que tamén participou o ente de promoción turística de España Turespaña así como representantes doutras comunidades autónomas.

O departamento de Turismo da Xunta difundíu entre os empresarios turísticos irlandeses a oferta relacionada coa natureza, a cultura, as cidades e a gastronomía, así como o Camiño de Santiago nun dos países que máis peregrinos achega ano tras ano.

Nesta reunión profesional, Turismo de Galicia tivo a oportunidade de contactar con grandes operadores irlandeses para presentarlles os produtos que máis se adapten ao gusto dos cidadáns de Irlanda e así incorporar a oferta galega aos viaxes organizados que parten desta illa.

Demanda turística irlandesa

Polo que respecta á demanda turística irlandesa de aloxamento regrado, no pasado ano 2017 obsérvase un comportamento positivo do mercado irlandés, tanto na cifra de viaxeiros aloxados, que medrou un 7,6%, coma no volume de noites, que subiu un 13,7% neste caso, en relación ao anterior 2016. Esta cifra sitúa a Irlanda como segundo país no que máis medra a demanda turística despois dos Estados Unidos.

Esta circunstancia sitúa os niveis de demanda en máximos históricos en Galicia con preto de 53.000 viaxeiros aloxados e case 77.000 noites no conxunto da oferta regrada da comunidade.

Camiño de Santiago

Polo que respecta ao Camiño de Santiago, o pasado ano, 6.647 irlandeses recibiron a Compostela, o que sitúa a Irlanda como o sexto país estranxeiro con más peregrinos. Neste sentido, tamén cabe salientar que o número de peregrinos irlandeses incrementouse en preto dun 2% ao longo dos 12 meses de 2017 en relación ao mesmo período do ano anterior.

 
Arriba