Nava Castro e Rafael Sánchez asisten á presentación da novela xacobea ‘La peregrina’ da xornalista Isabel San Sebastián
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu en Santiago de Compostela á presentación da novela La peregrina, da xornalista Isabel San Sebastián, a cargo do director-xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez . Trátase dun libro no que se narra a historia da peregrinación que realizou Alfonso II no século IX desde Oviedo, fito que sentou as bases do actual Camiño Primitivo.