23 nov 2020

Alfonso Rueda asiste á presentación da webserie 'Doc Way' sobre o Camiño Portugués, no marco do programa O teu Xacobeo

Presentación de Doc Way

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, á presentación de Doc Way, a primeira webserie profesional sobre o Camiño Portugués e a súa variante pola costa. O proxecto de Cristina Maró permite descubrir o patrimonio cultural, natural, humano e local desta ruta e os lugares que percorre, entre eles a cidade de Vigo e concellos da súa área.

Trátase dunha das iniciativas beneficiarias na primeira edición do programa O Teu Xacobeo, dotada con 4,7 millóns de euros, para financiar accións promovidas por concellos, entidades sen ánimo de lucro ou empresas destinadas á dinamización sociocultural do Camiño e á promoción do Xacobeo 2021 co obxectivo de implicar á cidadanía na programación do Ano Santo. A esta contía súmanse outros 3,3 millóns de euros habilitados para a segunda edición do programa, que está pendente de resolución.

 

Arriba