11 mai 2021

As praias galegas obteñen 111 bandeiras azuis e a comunidade suma o maior número de sendeiros galardoados do Estado

 Galicia recibe un total de 155 distintivos entre areais, portos deportivos, sendeiros azuis e centros azuis

O areal do Lago das Pontes recibe por primeira vez a distinción, que recuperan seis praias de Baiona e unha de Barreiros
 
Sanxenxo, con 17 bandeiras azuis para os seus areais, convértese un ano máis no concello de España que maior número acumula, ademais de sumar distincións para tres portos deportivos, unha rede de sendeiros e un centro
 
No caso da provincia da Coruña, Arteixo é o municipio con máis praias premiadas, con 7, mentres na de Lugo é Foz, con 5
 
A Xunta subliña o esforzo realizado o ano pasado polos municipios para acadar os estándares de seguridade esixidos neste tipo de espazos por mor da covid, reforzando así a imaxe de Galicia como destino turístico seguro
 
Bandeira azul.

As praias galegas obtiveron este ano un total de 111 bandeiras azuis e, ademais, a Comunidade sitúase á cabeza de todo o Estado en número de sendeiros azuis, con 20. Así, Galicia sitúase entre as autonomías máis galardoadas pola Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac), cun global de 155 distintivos entre areais, portos deportivos, sendeiros azuis e centros azuis.

Con 111 bandeiras para as súas praias, catro máis que o ano anterior, a Comunidade acapara preto do 20% das outorgadas en toda España. En total, hai 34 municipios premiados, un máis que na pasada edición, dos cales 12 son da provincia de Pontevedra (58 praias), 14 da Coruña (35 praias) e 8 de Lugo (18 praias). Salienta o feito de que o areal do Lago das Pontes (As Pontes) recibe por primeira vez este galardón.

En canto ás bandeiras para portos deportivos, son un total de 11 (6 en Pontevedra, 6 na Coruña e 1 en Lugo); os centros azuis galardoados son 13 (6 en Pontevedra, 4 na Coruña e 3 en Lugo); e a vintena de sendeiros distribúense entre os 9 de Pontevedra —que en total, ao ser algún unha rede, son 18 rutas—, os 6 da Coruña e os 5 de Lugo.

Nesta edición, Sanxenxo volve repetir o concello tanto de Galicia como do conxunto do Estado con máis bandeiras azuis nas súas praias, con 17, ademais de sumar distincións para tres portos deportivos, unha rede de sendeiros e un centro. Na provincia de Pontevedra, destacan tamén a cidade de Vigo, que suma 10 areais e unha rede de sendeiros; Cangas do Morrazo (7 praias, un porto e un sendeiro); Marín (5 praias, dous centros e unha rede de sendeiros); e Baiona (6 praias e un porto), que nesta edición recupera o distintivo para os areais de Barbeira, Concheira, Os Frades, Ladeira, Ribeira e Santa Marta.

Na provincia da Coruña, o municipio de Arteixo é o que máis bandeiras azuis obtén para as súas praias, un total de 7; seguido da cidade da Coruña (5 areais, ademais dun porto e un sendeiro); e Oleiros (5 areais e tamén un sendeiro).

Polo que respecta á provincia de Lugo, Foz volve ser o concello con máis praias galardoadas, con 5: A Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas e Peizás; mentres que Barreiros recupera a bandeira azul para o areal das Pasadas, ademais de continuar con bandeira nas de Acantilado-Remior e Coto.

Criterios de excelencia

Os criterios esixidos para a obtención de bandeiras azuis en praias e portos están relacionados coa calidade das augas, que ten que ser excelente, a seguridade, a completa dotación de servizos, a accesibilidade, a atinada xestión ambiental e a sustentabilidade dos areais e das dársenas. Pola súa parte, os centros e sendeiros azuis deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio.

O municipio que queira optar a estas distincións debe presentar un dossier xustificativo da súa proposta, así como, ao ano seguinte, unha memoria de actividade, xunto coa súa candidatura, que acredite o mantemento da súa condición en anos sucesivos.

A Xunta felicita a todos os concellos galardoados con estes distintivos polo recoñecemento que supoñen á calidade e aos servizos das súas praias, portos, sendeiros e centros. Así mesmo, tamén cómpre subliñar o esforzo realizado o ano pasado polos municipios para acadar os estándares de seguridade esixidos neste tipo de espazos por mor da covid, reforzando así a imaxe de Galicia como destino turístico seguro.

Neste sentido, hai que lembrar que debido á pandemia moitos concellos costeiros adoptaron solucións tecnolóxicas ou mesmo contrataron persoal de vixilancia para controlar o aforo nas praias durante o verán, ao tempo que reforzaron as medidas de hixiene e limpeza de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias.

PRAIAS CON BANDEIRA AZUL EN 2021

 

 PROVINCIA DA CORUÑA

 

14 concellos / 35 areais

 

A Coruña

As Lapas

 Orzán-Matadero

 Oza

 Riazor

 San Amaro

 A Laracha

Caión

 Arteixo

A Hucha

A Salsa (Repibelo)

Barrañán

Combouzas

O Reiro

Sabón

Valcobo

As Pontes

Lago das Pontes

Bergondo

Gandarío

Camariñas

Arou

Carballo

Pedra do Sal

Razo

Saíñas

Dumbría

O Ézaro

Ferrol

A Fragata-Pareixal

Doniños

Esmelle

San Xurxo

Laxe

Laxe

Miño

Perbes-Andahío

Oleiros

Bastiagueiro

 Espiñeiro

Mera

Naval

Santa Cristina

Ponteceso

A Ermida

Balarés

O Osmo

Ribeira

Coroso

PROVINCIA DE LUGO

8 concellos / 18 areais

Barreiros

Acantilado-Remior

Coto

As Pasadas

Burela

A Marosa

O Portelo

Ril

Cervo

O Torno

Foz

A Rapadoira

Areoura

As Polas

Llas

Peizás

O Vicedo

Abrela

Xilloi

Ribadeo

As Catedrais

Os Castros-Illas

Viveiro

Area

Xove

Esteiro

 

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

12 concellos / 58 areais

A Guarda

Area Grande

O Muíño

Illa de Arousa

Area do Secada

Bao (Camaxe)

Baiona

Barbeira

Concheira

Frades

Ladeira

Ribeira

Santa Marta

Bueu

Area de Bon

Lagos

Lapamán

Portomaior

Cangas

Areabrava

Areamilla

Liméns

Melide

Menduíña

Nerga

Rodeira

Marín

Aguete

Loira

Mogor

Portocelo

Santo do Mar-A Coviña

Moaña

O Con

Poio

Cabeceira

Ponte Caldelas

A Calzada

Sanxenxo

A Lapa

Agra

Areas

Areas Gordas

Baltar

Bascuas

Canelas

Caneliñas

Espiñeiro

Foxos

Major

Montalvo

Nosa Señora da Lanzada

Panadeira

Paxariñas

Pragueira

Silgar

Vigo

A Punta

Argazada

Canido

Carril

Fontaíña

Fortiñón

O Vao

Rodas (Illas Cíes)

Samil

Tombo do Gato

Vilagarcía de Arousa

Campanario

Compostela

 

PORTOS CON BANDEIRA AZUL EN 2021

A Coruña

A Coruña

Real Clube Náutico A Coruña-Marina Real

Boiro

Clube Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz

Sada

Clube Náutico Sada

Porto Deportivo Sadamar

Porto do Son

Real Clube Náutico de Portosín

Lugo

Ribadeo

Real Clube Náutico de Ribadeo

Pontevedra

Baiona

Monte Real Club de Yates de Baiona

Cangas

Porto Deportivo Cangas

Sanxenxo

Real Clube Náutico Sanxenxo

Clube Náutico Portonovo de Sanxenxo

Porto Deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo

 

SENDEIROS AZUIS EN 2021

 

*Cada rede de sendeiros contabiliza como un único sendeiro azul.

 

A Coruña

A Coruña

Senda Azul Litoral A Coruña

A Laracha

Sendeiro de Saldoiro

Arteixo

Senda Azul de Arteixo

Camariñas

Ruta Litoral de Camariñas

Carballo

Senda do Mar Razo-Baldaio

Oleiros

Costa Libre

Lugo

Burela

Ruta do Litoral Burelés

Cervo

Sendeiro Azul do Torno

Foz

Paseo Rutas das Praias de Foz

O Vicedo

Abrela-Punta Socastro (Fuciño do Porco)

Ribadeo

Ruta do Faro de Illa Pancha a As Aceas

Pontevedra

A Guarda

Senda Litoral da Guarda

A Illa de Arousa

Senda Perimetral Bao-Xastela

Baiona

Sendeiro Litoral de Baiona

Bueu

Sendeiro de Cabo Udra

Cangas

Roteiro de Donón

Marín

Rede Sendeiros Azuis de Marín*

(Ruta Montes e Praias, Ruta das Praias e Ruta dos Cinco Miradoiros)

Ponte Caldelas

Sendeiro do Río Verdugo

Sanxenxo

Rede de Sendeiros de Sanxenxo*

(Sendeiro Litoral Areas-Punta Festiñazo, Sendeiro Litoral Canelas-Punta Cabicastro, Sendeiro Litoral Montalvo-Major, Sendeiro Litoral Paxariñas-Montalvo, Sendeiro Máxico da Lanzada e Sendeiro Litoral Sanxenxo-Portonovo)

Vigo

Rede de Sendeiros de Vigo*

Senda de Ribeira e Litoral Camiño á Beiramar; Senda Entre Faros. Illas Cíes-Vigo; Senda Litoral e do Monte da Guía. Teis)

 

CENTROS AZUIS EN 2021

A Coruña

Oleiros

Centro de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes

CEIDA-Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia

A Laracha

Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte Golmar

Camariñas

Museo Man de Camelle

Lugo

Burela

Centro de Educación Medioambiental Gaia

Barco Museo Reina del Carmen

Cervo

Carpintería de Ribeira Francisco Fra

Pontevedra

Bueu

Aula de Natureza Cabo Udra

Centro de Interpretación Agrelo

Sanxenxo

Centro de Interpretación As Telleiras

A Illa de Arousa

Centro de Interpretación da Conserva

Marín

Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor

Ateneo Santa Cecilia

 

Arriba