19 feb 2024

Galicia reforza a súa promoción internacional como destino de natureza e sostible na feira Free de Muchich

Free Munich

Turismo de Galicia promoveuse como destino de natureza e sostible na Feira Free de Munich, o certame de promoción de turismo e lecer máis importante do sur de Alemaña, que se celebrou entre o 14 e o 18 de febreiro.

Galicia participou dentro do expositor de España, coordinado pola OET de Múchich onde tivo especial presenza o potencial vinculado á natureza e recursos de interese para o mercado alemán, como é o Camiño de Santiago e distintas experiencias turísticas vinculadas cos recursos naturais e culturais. 

A presenza de Galicia nesta feira enmárcase na estratexia da Xunta de Galicia para internacionalizar o destino, despois de que en 2023 se acadasen datos históricos de visitantes estranxeiros. No caso do mercado alemán, é o terceiro máis numeroso e medrou un 8% en relación ao ano anterior e acadou máximos históricos de demanda. 

Á feira Free de Munich daralle continuidade durante este 2024 ao redor de 30 feiras de ámbito nacional e internacional do plan anual de promoción do destino organizado por Turismo de Galicia. 

Arriba