13 mai 2021

CURSO PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS PARA ALOXAMENTOS

Pechado

CURSO PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS PARA ALOXAMENTOS

CURSO COMPLETO

 

Programa

 

O Plan de formación Turismo de Galicia 2021 ten como principal obxectivo a mellora das competencias profesionais do sector turístico galego no Xacobeo 21/22.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a seguridade e calidade das empresas turísticas e profesionais galegos.

METODOLOXÍA
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, con titor para dúbidas. As/os participantes dispoñerán de todo o material para traballo individual e  probas de autoavaliación dos contidos.

OBXECTIVO
O programa está deseñado para dotar ás empresas de aloxamento do coñecemento necesario na prevención de riscos laborais, e adquirir as competencias necesarias para promover comportamentos seguros no desempempeño das actividades turísticas.

CONTIDOS

BLOQUE I: Conceptos básicos

Conceptos básicos: O traballo e a saúde.
Conceptos básicos: Danos derivados do traballo. Accidente laboral e enfermidade profesional.
Conceptos básicos: Marco normativo básicos. Dereitos e deberes.

BLOQUE II : Riscos xerais

Riscos xerais relacionados coas condicións de seguridade.
Riscos xerais ligados ao medio ambiente de traballo.
Riscos xerais: a carga de traballo, a fatiga, a insatisfacción laboral.
Riscos Xerais : planes de Emerxencia e evacuación.

BLOQUE III : Riscos específicos
Riscos específicos : Seguridade vial laboral.
Riscos específicos e a súa prevención no sector: Aloxamentos.

BLOQUE IV: Elementos básicos na prevención de riscos

BLOQUE V: Primeiros auxilios
 

DATAS:
Do 13 de maio ao 30 de Xuño de 2021


Nº PRAZAS: 40

DESTINATARIOS
Persoal que traballe en aloxamentos en Galicia.

CERTIFICADO
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 30 horas de formación, as persoas que realicen un 80% do curso e superen as probas de autoavaliación.

PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación.

 
INSCRICIÓN

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal
 

 

Arriba