A aposta pola calidade, a diferenciación a través do incentivo para crear novos produtos e para dotar dos mellores servizos e instalacións a nosa oferta turística.

  • Por favor consulta as axudas e subvencións con prazo de presentación aberto facendo clic aquí (serás redirixido á Sede electrónica da Xunta de Galicia)
     

 

 XORNADAS INFORMATIVAS


Subvención para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas (código de procedemento TU986B.  Resolución do 10 de agosto do 2026 (DOG, núm. 164 do 31/08/2026) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 60 % do gasto elixible no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, e se anuncia a súa convocatoria con carácter plurianual (2026-2027) 

Obxectivo

Estas subvencións teñen por obxecto a realización de actuacións de eficiencia enerxética que impulsen a economía circular en empresas turísticas no marco do  Programa Galicia Feder 2021-2027.
Pode consultar as características específicas, actuacións e gastos subvencionables tanto na sede da Xunta de Galicia (código de procedemento TU986B) como nestes dous recursos:

 

Subvencións a establecementos turísticos para actuacións de embelecemento do litoral galego (código de procedemento TU503F)

Obxectivo

Esta subvención ten por obxecto establecer as condicións para a concesión de axudas a establecementos turísticos para actuacións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, así como a mellora da fachada e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras, de xeito que contribúan ao embelecemento do litoral da Comunidade Autónoma de Galicia e a un turismo sostible no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, Fondos NextGenerationEU.

Pódense diferenciar tres liñas de acción:

a) Liña 1: eficiencia enerxética.

b) liña 2: dixitalización de recursos con potencial turístico no litoral.

c) Liña 3: mellora da fachada turística do litoral.


Pode consultar as características específicas, actuacións e gastos subvencionables tanto na sede da Xunta de Galicia (código de procedemento TU503F) coma neste recurso:

- Xornada informativa de presentación das liñas de axuda (17.11.2025)


Subvención para rehabilitación ou reforma de hoteis balnearios e hoteis talaso de Galicia   (código de procedemento TU985H)

Obxectivo

Esta subvención ten por obxecto a rehabilitación ou reforma de hoteis balneario e hoteis talaso de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, Fondos NextGenerationEU.

Pode consultar as características específicas, actuacións e gastos subvencionables tanto na sede da Xunta de Galicia (código de procedemento TU985H) coma nestes dous recursos:

- Subvencións para Hoteis Balneario e Talaso (PDF)

- Rehabilitación ou reforma de Hoteis Balnearios e Hoteis Talaso (PDF)


Subvención para proxectos tractores de hoteis balnearios e hoteis talaso de Galicia   (código de procedemento TU985G)

Obxectivo

Esta subvención ten por obxecto a posta en marcha de proxectos tractores en hoteis balneario e talaso de Galicia efecto transformador sobre o sector turístico galego, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, Fondos NextGenerationEU.

Pode consultar as características específicas, actuacións e gastos subvencionables tanto na sede da Xunta de Galicia (código de procedemento TU985G) coma nestes dous recursos:

- Subvencións para Hoteis Balneario e Talaso (PDF)

- Proxectos Tractores de Hoteis Balnearios e Hoteis Talasos (PDF)

 


Subvención para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas   (código de procedemento TU986B)

Obxectivo

Estas subvencións teñen por obxecto a realización de actuacións de eficiencia enerxética que impulsen a economía circular en empresas turísticas no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, Fondos NextGenerationEU.

Pode consultar as características específicas, actuacións e gastos subvencionables tanto na sede da Xunta de Galicia (código de procedemento TU986B) como nestes dous recursos:

- Xornada informativa de presentación da liña de axudas (21.10.2024)

- Presentación técnica das xornadas de eficiencia enerxética para empresas turisticas. (PDF)

- Presentación administrativa das xornadas de eficiencia enerxética para empresas turisticas. (PDF)


Subvención para o fomento da oferta enogastronómica en Galicia (código de procedemento TU503I)

Obxectivo

Trátase dunha nova liña de axudas que Turismo de Galicia pon en marcha para promover a oferta enoturística galega. A través desta liña de subvencións a establecementos turísticos para actuacións de adecuación de establecementos enoturísticos e adegas, permitirase a posta en valor de produtos vitivinícolas e gastronómicos de Galicia, a creación de experiencias enogastronómicas e a creación e ampliación da oferta de aloxamento vinculada ao sector turístico enogastronómico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, Fondos NextGenerationEU

Pode consultar as características específicas, actuacións e gastos subvencionables tanto na sede da Xunta de Galicia (código de procedemento TU503I) como nestes dous recursos:

- Xornada informativa de presentación da liña de axudas (15.02.2024)

- Presentación empregada na xornada (PDF)

 

 

Arriba