05 out 2013

Nava Castro resalta o potencial desestacionalizador dos produtos turísticos galegos na reunión do grupo AVASA de axencias de viaxes

A directora de Turismo de Galicia interveu na asemblea do grupo que se celebrou hoxe en Santiago e incidiu no potencial do destino á hora de desenvolver produtos turísticos desestacionalizadores relacionados con algúns dos atractivos máis potentes da comunidade como a natureza, a gastronomía ou os Camiños de Santiago.

Nava Castro resalta o potencial desestacionalizador dos produtos turísticos galegos na reunión do grupo AVASA de axencias de viaxes

O grupo empresarial AVASA, fundado en 1980, celebrou hoxe en Santiago a reunión do seu grupo de axencias de viaxes. O encontro contou coa presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen realizou unha presentación dos principais reclamos do destino e resaltou as potencialidades de Galicia á hora de ofrecer produtos desestacionalizadores, que permiten o disfrute da experiencia turística en calquera época do ano e que teñen gran capacidade de diferenciación.

Nava Castro resalta o potencial desestacionalizador dos produtos turísticos galegos na reunión do grupo AVASA de axencias de viaxes

De igual modo, Nava Castro explicou que Galicia está incrementando os seus niveis de competitividade turística a través de ferramentas como a formación dos sector, a calidade dos destinos e servizos turísticos, a xestión eficaz dos recursos e a diferenciación no mercado global.

No que se refire á Administración Turística, a directora falou da constitución da Axencia de Turismo de Galicia a través da que se aglutinaron os diferentes entes e organismos en aras dunha xestión máis coordinada e eficiente, aproveitando recursos e sinerxias.

De igual xeito, incidiu na necesidade de internacionalización do destino a través da creación do Clúster de Turismo de Galicia e no traballo que se desenvolve no marco do Plan Integral de Turismo, en consenso co sector e no que se recollen as necesidades e propostas para poñer en valor o destino.

Nava Castro falou da aposta pola calidade do sector turístico galego, do Camiño de Santiago como primeiro produto turístico e elemento diferencial e mais das boas cifras turísticas acadadas por Galicia no que vai de ano. Destacou o crecemento do turismo internacional que se reflicte nunha suba do 12% dos viaxeiros aloxados pertenentes a este segmento.

A directora de Turismo falou tamén dos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago e da organización de múltiples eventos culturales, congresuais e expositivos que situarán a Galicia como epicentro da oferta turística cultural. Ao tempo que abordou a capacidade de desestacionalización do destino Galicia recalcando que a natureza e a gastronomía son as principais motivacións polas que os turistas visitan a comunidade. Resaltou tamén o liderado da comunidade no sector termal así como o feito de que contamos cunha ampla oferta cultural e patrimonial que pode ser disfrutada ao longo de todo o ano, unida a atractivos complementarios como o enoturismo, o sendeirismo ou a práctica de turismo activo.

Arriba