A cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros de Galicia marca un máximo histórico en maio ao superar os 371.000
No pasado mes de maio Galicia experimentou un incremento da cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros do 8,2% superando nun 4,9% o dato do último ano Santo 2010.
Galicia incrementou tamén neste pasado mes de maio as pernoitas, nun 3,9% neste caso, ata acadar un total de 629.198, a cifra máis elevada dos últimos cinco anos.
O turismo internacional creceu na nosa comunidade no pasado mes nun 4,5% acadando un máximo histórico tanto de viaxeiros aloxados y pernoitas como de peso no conxunto da demanda.
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), no pasado mes de maio Galicia experimentou un incremento da cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros do 8,2%, rexistrando un total de 371.127, cifra que marca un máximo histórico na nosa comunidade e supera nun 4,9% o dato do último ano Santo 2010.
Subiron tamén neste pasado mes de maio as pernoitas rexistradas en Galicia, nun 3,9% neste caso, ata acadar un total de 629.198, a cifra máis elevada dos últimos cinco anos. É o terceiro ano consecutivo no que Galicia rexistra unha mellora dos niveis de demanda hoteleira no mes de maio.
A nivel estatal rexistrouse tamén un comportamento positivo da demanda hoteleira, con melloras tanto da cifra de viaxeiros aloxados coma das pernoitas que incrementáronse un 6,7% e un 5% respectivamente.
En termos de mercado, Galicia incrementou o seu turismo nacional neste mes de maio, tanto o interno, cun crecemento de viaxeiros do 2,3%, como o receptor nacional, que subiu nun 6,3% neste caso.
Galicia incrementou o seu turismo internacional nun 4,5% acadando neste quinto mes do ano un máximo histórico de volume –tanto de viaxeiros aloxados con máis de 150.000 como de pernoitas con preto de 210.000- así como de peso no conxunto da demanda –supoñendo o 40,8% dos viaxeiros e o 33,4% das pernoitas-.
En canto aos niveis de ocupación do sector hoteleiro, Galicia rexistrou tamén unha mellora en relación ao pasado ano, ao incrementarse 1,7 puntos porcentuais, situándose na cifra máis elevada dos últimos cinco anos.
Tamén as tarifas hoteleiras en Galicia subiron neste quinto mes do ano, un 4,4%.
A mellora dos niveis de demanda e ocupación neste mes de maio, acontecida nun contexto de suba dos prezos hoteleiros, permitiu aos establecementos hoteleiros da comunidade incrementar os niveis de rendibilidade en relación ao mesmo mes de 2014 –o RevPAR subiu un 11,6%-.
Acumulado do ano
Nos primeiros cinco meses deste ano 2015 Galicia rexistrou un incremento da cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros da comunidade do 10,3%. en relación ao pasado ano, rexistrando preto de 1,2 millóns. Melloraron tamén as pernoitas incrementándose un 6,1% neste caso e rexistrando preto de 2,1 millóns neste período.
É o segundo ano consecutivo no que a nosa comunidade rexistra un incremento da demanda neste período de cinco meses, circunstancia que leva a que Galicia rexistre neste ano a cifra de viaxeiros aloxados máis elevada dos últimos cinco anos.
En termos de intensidade os incrementos do 10,3% na cifra de viaxeiros e do 6,1% no volume de pernoitas son os máis elevados dos últimos anos.
A nivel estatal rexistrouse tamén unha mellora dos niveis de demanda hoteleira, do 6,1% no relativo á cifra de viaxeiros aloxados e do 3,9% no que atinxe ás pernoitas. En termos de viaxeiros aloxados Galicia rexistrou a terceira porcentaxe de crecemento máis elevada a nivel estatal, só por detrás de Asturias –que lidera o ránking cunha suba do 11,6%-, e A Rioxa –cun incremento do 11,3% neste caso-.
A mellora dos niveis de demanda rexistrada na nosa comunidade vén como consecuencia do bo comportamento experimentado polos tres grandes segmentos de mercado.
O turismo receptor nacional incrementouse nun 8,5% mentres que o internacional subiu un 11,4%. Este notable incremento do turismo internacional levou consigo que este mercado acadase un máximo histórico tanto de viaxeiros aloxados –con máis de 310.000- como de pernoitas nos establecementos hoteleiros de Galicia -con preto de 490.000- nos primeiros cinco meses do ano.