VIVENDA EN DUMBRÍA

Civil
833
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Dumbría (Santa Baia)

Lugar: A Grixa

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
43º 00' 25.7" N - 9º 06' 47.4" W

Descrición

Casa tipicamente coruñesa, rectangular en con dúas alturas, na que o mundo rural e o urbano danse a man. Datada no s.XIX. Fronte a unha fachada principal dirixida á estrada, dotada dunha aparencia máis urbana, con fiestras dispostas regularmente no andar sobre as portas que se abren na planta térrea temos una fachada posterior na que só se abre unha porta que pon en comunicación o vestíbulo de entrada coa leira da casa e que pon en relación ámbolos dous mundos.
Ten apegada unha casa que nun principio non debeu formar parte desta vivenda, pero que hoxe en día comunícase con ela no andar. É salientable o balcón da fachada, apenas sobresaínte dos muros, que o protexen, cubríndose a prolongación do tellado, solución moi típica especialmente das comarcas costeiras.

Acceso

Dende o edificio municipal do Concello de Dumbría, saír pola estrada DP-3404 dirección Serra de Outes. A uns 350m está a “Vivenda de Dumbría” á man dereita da estrada, case enfronte da praza da igrexa de Santa Baia de Dumbría.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba