FERVENZA DO POZO DO INFERNO

Paseos
1265

Localización

Pontevedra

A Cañiza | Crecente

Coordenadas:
42º 10' 56.6" N - 8º 14' 17.9" W

O Paseo

Fervenza do pozo do Inferno 
Vereas do río Ribadil

Esta é unha ruta fluvial a carón do río Ribadil, afluente do Miño, que discorre polos concellos da Cañiza e Crecente. O percorrido parte do lugar da Ponte (concello da Cañiza), onde podemos ver a ponte Noceifas, dun só arco e lixeiramente apuntada, que moitos catalogan como romana aínda que os últimos estudos dátana nos séculos XVII-XVIII. 

Dende aquí continuamos por unha senda que nos levará ata a praia fluvial de Mandelos, xa no concello de Crecente, para seguir despois á beira do río, rodeados por grandes fentos e vexetación de ribeira, por unha zona que está dentro da Rede Natura 2000

Durante o camiño atoparemos antigos muíños e pequenos saltos de auga ata chegar á fervenza do pozo do Inferno, á que se accede a través de pasarelas e escaleiras de madeira e que conta cun miradoiro dende o que poder desfrutar das vistas antes de comezar o camiño de volta. 

Características

Lonxitude:

6,9 km (só ida)

Punto de Inicio:
Ponte Noceifas-A Cañiza 42°10'56.60"N / 8°14'17.94"W
Punto de Fin:
Fervenza do pozo do Inferno-Crecente 42°9'29.04"N / 8°13'57.83"W

Accesibilidade a ter en conta

Desniveis con escaleiras
Terreo abrupto
Treitos inundables en época de choivas

Tipo

Na procura de fervenzas
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba
Axúdanos a mellorar!