IGREXA DE SAN MARTIÑO DE FERREIRA DE NEGRAL

Relixioso
1112
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Mosteiro de Devesa (Santiago)

Lugar: Mosteiro de Devesa

27206  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 56' 34.9" N - 7º 49' 04.9" W

Descrición

Igrexa de orixe Románico, con importantes reformas ao longo da historia. A súa planta é rectangular e no lateral esquerdo pégase a sancristía con acceso dende o exterior, cun pequeno cabido cuberto. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta de lousas de granito a dous, tres e catro augas. Só conserva a nave da fábrica Románica a portada S. que presenta arco de medio punto con tres arquivoltas baquetonadas de sección rectangular. Esta decórase cun arco en cada doela con diversos motivos no seu interior. De gornición ten unha fina moldura tórica dentada e impostas con dentes de serra e incisións cadradas. As columnas son de tres ordes con capiteis con motivos zoomorfos, antropomorfos e xeométricos. O tímpano presenta moita decoración, ademais dunha inscrición: ANNUS AB CARNATIONE DNI Mº Cº LXXVII/I ERA M CCX. O presbiterio sepárase da nave por medio dun arco triunfal de aresta, con bóveda de canón con lunetos.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba