PORTO DE SANTO ADRÁN DE COBRES

Instalacións náuticas
763
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Peirao de Santo Adrán de Cobres

36141  Vilaboa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 18' 04.2" N - 8º 39' 13.7" W
+34 986 673 807
+34 618 826 330
+34 659 434 657
+34 986 672 545

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Navegación

Unha vez en terra: Cara ao nordeste a ría estreitase en Rande, onde é atravesada pola autoestrada que une Vigo co norte de Galicia grazas a unha espectacular ponte tensada que, a xeito de gran batea, fúndese harmoniosamente coma as que cobren a superficie mariña da súa contorna. Tras o estreito xorde a parroquia de Santo Adrán de Cobres, que descansa fronte á protexida enseada de San Simón declarada Lugar de Importancia Comunitaria da Rede Natura 2000. Nesta enseada emerxe a histórica illa de San Simón que, por estar algo afastada da costa, foi habitada nun principio polos templarios, posteriormente albergou un mosteiro e despois un lazareto. De 1936 a 1943 foi utilizada como cárcere para presos políticos e na actualidade é un espazo rehabilitado para usos culturais.
Consérvase neste municipio de Vilaboa un dos Entroidos máis vistosos, cos seus personaxes de Damas e Galáns engalanados con fermosura. Nos seus montes existen excelentes miradoiros sobre as rías de Pontevedra e Vigo desde os que se pode ver a de Arousa. Este é o caso do miradoiro do alto de Cotorredondo (525 m).
Aproximación de noite: Procederemos de igual xeito tendo en conta o balizamento:
Vindo do S navegaremos á procura da luz do faro das illas Cíes (GpD(2)B 8s 187m 22M) e a do cabo Silleiro (GpD(2+1)B 15s 82m 24M). Cando teñamos esta última por estribor, navegaremos ata pasar entre a baliza do illote Boeiro (GpD(2)R 8s 23m 5M) e o punto cardinal W (GpCt(9)B 15s 5M) dos illotes das Serralleiras. Situados, navegaremos seguindo a enfilación 069º do cabo Estai (ant. IsoB 2s 18m 18M e post. a 660 m da ant. OcB 4 50m 18M) ata estar na oposición da luz de punta Lameda (GpD(2)V 8s 29m 5M) e cabo Vicos (GpD(3)R 9s 94m 10M). Situados, navegaremos ao 040º á procura da luz do baixo Tofiño (GpD(4)V 14s 11m 5M) e a da pedra Borneira (GpD(2)R 7s 13m 7M). Deixando por babor as da boia do Baixo Rodeira “10” (GpD(3)R 9s 5M) e a do baixo Salgueirón (GpD(2+1)R 15s 5M) e por estribor as do porto de Vigo, navegaremos a pasar ao S do baixo Con de Pego (GpD(4)R 11s 9m 5M) á procura das do porto do Con (GpD(4)R 11s 11m 5M) e Moaña (GpD(3)R 9s 9m 5M), xusto entre as que se atopa o porto deportivo Moaña Mar, coas súas luces vermella e verde de entrada a porto.
Aproximación de día: As instalacións portuarias do Porto de Santo Adrán de Cobres encóntranse na costa N da ría de Vigo. Para arribar a porto entraremos na ría pola canle S, a principal, seguindo o rumbo marcado pola enfilación do cabo Estai, e despois de ter superado a oposición punta Lameda – cabo Vicos poremos rumbo ao 041º que nos marca a enfilación da torre-baliza Borneira (ao S do cabo Balea) coa torre da praia Rodeira e o monte-faro Domaio. Unha vez teñamos a illa de Toralla ao través de estribor, poremos rumbo para deixar a baliza do baixo Tofiño por estribor e, posteriormente, continuaremos a navegar cara ao interior da ría deixando a boia do baixo Rodeira e a do Con de Pego polo costado de babor para ter xa pola proa as instalacións do porto do Con, Moaña e Moaña Mar.

Características

Nº de amarres transeuntes: 20
Máxima eslora recomendada (m): 18
Nº de amarres fixos: 280
Calado dársena (m): 2
Calado bocana (m): 4

Cartas náuticas

SHOM: 7595
I.H.M.: 416,416B,4165
Admiralty: 2548,1757

Servizos das instalacións

Acceso minusválidos
Acceso restrinxido a pantaláns
Alugamento de embarcacións
Aparcadoiro
Auga en amarre
Bar-Restaurante
Club de vela
Duchas e WC
Información meteorolóxica
Luz en amarre
Servicio Marpol
Vixilancia
Xeo
Zona Wifi
Actividades e deportes Instalacións náuticas Instal. náutico deportivas.Marítima
Arriba