IGREXA PARROQUIAL DE SAN CRISTOBO DE CASTRO

Relixioso
828

Localización

Parroquia: Castro (San Cristovo)

Lugar: Castro

27530  Carballedo - Lugo

Coordenadas:
42º 31' 53.9" N - 7º 47' 07.9" W

Descrición

Edificio da segunda metade do século XIX, con importantes reformas posteriores. Ten planta de salón con cuberta a dúas augas na nave e a catro na capela maior. Muros de granito en fiadas horizontais e espadana de dous vans. Pavimento con pezas de cantería. Cemiterio no adro con capela seudogótica. No primitivo castro próximo á igrexa acampou no século II un destacamento romano pertencente a Lexión VI Gémina.
Períodos de apertura: horas de culto.

Acceso

No mesmo pobo de Castro.
Arriba