Excursión de 2 días na Costa da Morte

Coñece unha das zoas xeográficas galegas máis espectaculares nesta excursión de dous días. Paraxes e cultura dos pobos mariñeiros de Galicia espérante.
1262
4
IVE
Transporte
Seguro de viaxe
DÍA 1

MIRADOIRO DO CABO DE SAN ADRIÁN
Dende o miradoiro situado o lado da ermida San Adrián divisarás as fermosas panorámicas das illas Sisargas, a praia de Seaia, os abruptos acantilados e Malpica.

MALPICA
Pobo mariñeiro onde poderás respirar o día a día das súas xentes nas súas rúas preto o mar.

FARO RONCUDO (CORME)
O próximo destino será o Faro do Roncudo e os seus acantilados onde se pescan os mellores percebes do mundo. Acantilados que tantas vidas de mariñeiros se cobraron pescando dito manxar.

CASTRO BORNEIRO (CABANA)
Continuarás ata a cidade máis antiga habitada entre ó S. I a.C. e o S. VI. O castro de Borneiro sito no concello de Cabana é un dos castros mellor conservados de Galicia.

LAXE
Despois de coñecer como vivían os nosos antepasados seguimos ata Laxe. Conta dentro do seu casco urbano cunha praia de area branca e un paseo marítimo onde poderás gozar do seu ambiente mariñeiro. A súa paisaxe e o seu pobo foron protagonistas de varias películas e series de televisión.

CAMARIÑAS
Chegarás a Camariñas pobo coñecido por os seus encaixes de bolillos. Visitarás o museo do encaixe e poderás ver unha demostración de como traballan as palilleiras.

CABO VILÁN
Visita a Cabo Vilán un dos lugares máis perigosos e espectaculares da Costa da Morte onde se atopa o faro eléctrico máis antigo de España. As súas vistas non te deixarán indiferente.
Xa é hora de descansar, chegarás a hospedaxe en Muxía para relaxarte e gozar dunha cea mariñeira e un bo descanso.

DÍA 2

MUXÍA
Visitarás o Santuario barroco da Nosa Señora da Barca, un lugar rodeado de lenda e moi antigo xa que a súa primeira construción data do Século XI. Dando un paseo preto do santuario atoparás a Pedra Abalar, unha enorme pedra suxeita en só dous puntos que se move o estilo de tobogán. Quedarás abraiado pola forza do mar contra as rochas.

FISTERRA
Despois irás a Fisterra. Alí visitarás o faro, cabo Fisterra e a cruz do fin do camiño onde os peregrinos que van a Santiago realizan o soño de chegar ó fin do mundo e rematar a súa viaxe neste lugar.

FERVENZA DO ÉZARO (CORCUBIÓN)
Coñecerás a desembocadura do río Xallas e a súa impresionante fervenza do Ézaro, o único río do sur de Europa que desemboca na mar mediante unha fervenza.

CARNOTA
Darás un paseo polo pobo onde visitarás un dos hórreos máis grandes de Galicia cun largo de 34,76 metros por 1,90 de ancho. Continuarás ata a praia do Areal considerada a praia máis longa de Galicia cuns 7 kms de longo. Esta ten unha zoa de pantanos e unhas dunas que dan cobizo a unha gran variedade de aves migratorias.

MUROS
Última parada na Costa da Morte, coñecerás o pobo de Muros, un dos mellores conservados de orixe medieval en Galicia. Un verdadeiro conxunto histórico mariñeiro onde poderás pasear polo casco antigo e as súas rúas de adoquíns con soportais mirando o mar.

Programa Completo

Excursión de 2 días na Costa da Morte

Servizos incluídos

Aloxamento
Almorzos e ceas
Transporte
Entradas a museos
Guía turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!