25 mar 2020

WEBINAR "A ACTIVIDADE TURÍSTICA EN INTERNET: XESTIÓN DE DATOS"

Pechado

 

 

"A actividade turística en internet: xestión de datos"

 

Programa


A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, ven de poñer en marcha unha serie de accións formativas específicas en modalidade de teleformación co obxectivo de mellorar as competencias de xestión dixital, a comunicación e o márketing en liña

Esta formación arranca con 2 Webinar a cargo de Victor Salgado Seguín, un referente en dereito e novas tecnoloxías que compartirá cos asistentes preguntas e dúbidas de como podemos xestionar os datos das empresas turísticas en internet.

DATA: Mércores, 25 de marzo ás 11:00 h.

Nº PRAZAS: 150

RELATOR:

Victor Salgado Seguín:
Socio Director da firma referente en Galicia do dereito e as novas tecnoloxías, Pintos & Salgado Avogados. Licenciado en Dereito e Diplomado Superior en Xestión Empresarial pola Universidade CEU San Pablo de Madrid, experto en Protección de Datos e en Dereito na Sociedade da Información. Profesor de Dereito Informático na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña. Publicou diversos artigos en boletíns e revistas especializadas, tanto a nivel nacional como internacional e foi relator en numerosas conferencias académicas e profesionais sobre distintos ámbitos relacionados co Dereito Informático e Internet.


DESTINATARIOS:
Prioritariamente, propietarios de pemes e traballadores de bares, cafeterías, restaurantes, aloxamentos e outros establecementos hostaleiros. Outros
profesionais do sector turístico.


PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo,  material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación.

INSCRICIÓN:
Pode facer a súa inscrición neste formulario: pique aquí
Máis información:  formacioncontinua@cshg.es ou tlf. 690 70 46 18
 

 

Arriba