Plan Director dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia 2022-2027

É unha ferramenta de xestión para a Xunta e unha folla de ruta que marca as directrices para favorecer a conservación e protección do Camiño.

Plan Director 2021-2023

A Estratexia mellora o seu posicionamento nacional e internacional tras a crise da COVID-19 con base nos seus atributos característicos: a natureza e a paisaxe, a hospitalidade da súa xente, o patrimonio, a gastronomía e a cultura propia que lle outorgan o seu carácter singular e único, co Camiño de Santiago como principal embaixador da marca Galicia.

Plan de Turismo Termal

Estratexia para o desenvolvemento do turismo termal

Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago 2016-2019

O Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e do Camiño de Santiago ten como obxecto impulsar un conxunto de iniciativas para a mellora do turismo accesible en Galicia nos próximos anos, partindo dun traballo de análise en profundidade da situación actual. Esta análise estuda a demanda e a oferta do destino, as tendencias do mercado a nivel global e nacional con especial enfoque no turismo accesible.

Proxectos europeos

Cooperación transnacional orientado a xerar, intercambiar e transferir innovación e promoción do sector turístico

Arriba