18 mai 2017

Turismo de Galicia promoveu a Comunidade galega como destino para a organización de congresos na feira Imex de Fráncfort

Trátase dunha cita imprescindible para o sector MICE que no pasado ano superou os 3.500 expositores e acolleu a visita de máis de 9.000 profesionais

Turismo de Galicia contou cun expositor para presentar a información da oferta turística de Galicia, relacionada tanto cos congresos como con outros recursos paisaxísticos, gastronómicos ou de infraestrutura hoteleira

Ademais, realizou xuntanzas de traballo cos principais operadores turísticos europeos e participará en diversos actos de promoción

Turismo de Galicia promoveu  a oferta do sector da organización de congresos e reunións de empresa na feira especializada IMEX, que se desenvolveu na cidade de Fráncfort.

Esta é unha das feiras de congresos máis senlleiras do mundo no ámbito do turismo de reunións e Turismo de Galicia estivo presente cun espazo de promoción.

Nesta feira, Turismo de Galicia contou cun expositor para presentar a información da oferta turística de Galicia, relacionada tanto cos congresos como con outros recursos paisaxísticos, gastronómicos ou de infraestrutura hoteleira.

Así mesmo, dentro das actividades que se desenvolveron neste certame destacaron as xuntanzas de traballo previstas cos principais operadores turísticos europeos relacionados co turismo de reunións.

Por outra parte, presentouse oferta turística galega, nun acto que se desenvolveu no propio recinto da feira, e asistiuse aos actos de promoción organizados pola Oficina de Turismo de España en Fráncfort.

Feira IMEX

A feira IMEX de Fráncfort consolidouse como unha cita imprescindible para o sector MICE. Na edición do pasado ano superou os 3.500 expositores de 150 países e acolleu a visita de máis de 9000 profesionais vinculados ao sector.

 
Arriba